Atletismo 5º

O día 21 de abril, os alumnos/as de 5º nivel, participamos, dentro da campaña que promove a Secretaría Xeral para o deporte, asistindo a unha competición de atletismo entre varios colexios de Vigo.

O día estaba frío e chuvioso no CUVI, pero aínda así saltamos, corrimos, lanzamos, animamos..., con todas as forzas e ilusións que tiñamos.

Finalmente, non foi posible a clasificación para a Final Provincial en Pontevedra, pero disfrutamos dos beneficios para a saúde dun deportivo e atlético día.

Estes son os postos que acadamos:

Riscos de Internet

O venres, día 11 de marzo, un membro do CNP impartiu unha charla para os alumnos de 5º. O obxectivo principal é potenciar accións preventivas en relación aos riscos aos que se ven expostos os mozos e mozas en Internet.

Estes riscos están en constante evolución representando, nalgúns casos, tipoloxias delictivas que non exitían anteriormente, e orixinando que as amenazas ás que se ven expostos os menores no mundo físico teñan o seu reflexo no mundo virtual.

Se che interesa ler mais información sobre este tema picha aqui.

 

Educación vial

Un ano máis, o noso cole participa na XV Campaña de Educación Vial.

O pasado xoves, día 19, o alumnado de quinto recibimos a visita dun policía local que nos deu unha charla sobre Educación Vial. Trátase de que melloremos na adquisición da competencia necesaria para sermos cidadáns que practiquemos unha mobilidade segura nos nosos desprazamentos a pé, en bici, moto....

Foi moi interesante!

Visita a ANFACO

O día 17 de novembro, o alumnado de 5º visitamos o MUSEO ANFACO-CECOPESCA que é unha organización empresarial independente que se centra na representación e defensa dos intereses de más de 200 empresas relacionadas co mar e a industria conserveira.

Vimos antigas latas, documentos, maquinaria, fotografías e fixemos un percorrido polas orixes do sector das conservas de peixes e mariscos.

Ao final agasalláronnos cunha lata de saborosas sardiñas.

 

Mercavaladares e Mercalandia van a vender ao mercado de Coia

O pasado mércores os alumnos de 5º foron a vender ao mercado de Coia os artigos que fabrican nas súas cooperativas, Mercalandia e Mercavaladares.

 

Mamasiña, que medo!

O venres, día 23 de maio, os alumnos e alumnas de 5º B amenizáronnos a mañá coa representación da obra "Mamasiña, que medo"

Fixéronno xenial e divertímonos moito.

 

Visita ao porto

O día 7 de maio de 2014, os alumnos e alumnas de 5º visitaron o porto pesqueiro.

OS NENOS DE QUINTO CREAN AS SÚAS COPERATIVAS ESCOLARES

 

O proxecto educativo é o seguite:

 

MERCALANDIA
 MERCAVALADARES

 

Decidimos crear dúas coperativas asociadas, para ser todos socios traballadores, aportar o capital inicial e empregar os beneficios obtidos nunha actividade conxunta.

 

Antes do Nadal fixemos a primeira venta no colexio, queremos agradecer a participación masiva de alumnos, pais e mestres, foi todo un éxito!:

Estes son algúns dos productos máis vendidos:

Estamos creando o noso catálogo, que colgaremos nesta web para que poidades facer pedidos a través dos nosos correos electrónicos:

mercavaladares@gmail.com

mercalandia@gmail.com

 Estamos entregando e cobrando os pedidos dos nenos do cole os venres, pois é o día que adicamos ás cooperativas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet