Saidas

XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

Onte o alumnado de 3º e 4º fomos ao auditorio do Concello de Vigo para asistir as representacións teatrais que se desenvolveron nas IX Xornadas de Teatro Escolar 2018 (que organiza a través da Escola Municipal de Teatro co obxectivo de introducir e desenvolver o teatro). Encantáronnos as representancións e pasamolo xenial!

Desfile Maios

 

 

(Preme na foto para acceder a mais imaxes do desfile)

O pasado 4 de maio, festexamos conxuntamente cos nosos amigos e amigas da EEI Monte do Alba unha das festas populares máis tradicionais de Galicia "Os Maios". Elaboramos "O Maio", recitamos poemas e desprazámonos ata o Centro Cultural vestidos con colorido e flores para deixar atrás o frío e chuvioso inverno e cantarlle ao "maio" para celebrar a chegada da primavera. Como remate, degustamos unha saborosa merenda.

 

O sabor da aventura está no mar (1º e 2º)

O día 18 de abril o alumnado de 1º e 2º  desfrutaron da actividade: "O sabor da aventura está no mar" (que forma parte do Plan Proxecta: ALIMÉNTATE BEN e ten o obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade)

 (Preme na imaxe para ver mais fotos)

 

 

Migrasons

O pasado venres os alumnos de 5º e 6º fomos ao concello a ver o espectáculo Migrasons. Alí explicáronnos a evolución da música e instrumentos galegos. Tamén asistimos a un discurso que nos ofreceu o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Foi moi interesante e pasámolo moi ben!!

VISITA A NATURNOVA

O venres, día 11 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º e 4º visitaron NATURNOVA.

Naturnova é un Centro Interactivo de Educación Ambiental. O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo que nos rodea e a difusión da súa importancia, co  fin de que aprendamos a valoralo, respectalo e quererlo.

Visita aos Bombeiros

O venres, día 4 de marzo, os nenas e nenas de 1º visitaron o Parque de Bombeiros.

Durante esta visita os escolares puideron coñecer de cerca a súa organización, traballos que realizan, equipamento, vehículos, e todo o referente a este corpo. 

 

Planetario

Grazas ás xestións da ANPA, estes días estivo instalado no Colexio o Planetario da obra social "La Caixa". Os nenos e nenas de Primaria, así coma os de Infantil, tiveron a oportunidade de descubrir os secretos das estrelas.

O Planetario está pensado para despertar a curiosidade dos máis pequenos polo mundo da Astronomía. Nel poden descubrir a maxia do ceo cercano e aprender a contemplar o que hai no ceo nocturno para descubrir o que viron no Planetario

Cousas de catro

 

 xoves 28 de xaneiro  o alumnado de 3º e 4º achegouse ao Auditorio Teatro Afundación Vigo para asistir ao concerto didáctico "Cousas de 4" interpretado polo grupo musical Odaiko Percussion Group.
Achegáronse a instrumentos do mundo da percusión contemporánea e a diversos elementos de nova creación. Un espectáculo con moita improvisación e efecto sorpresa.
Catro son os elementos que definen este show que busca que o inxenio se retroalimente, evolucione e que o camiño da creación continúe espertando.

2º VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL

O martes 26 de xaneiro os nenos/as de 2º fomos á Biblioteca Juan Compañel. Alí vimos moreas de libros, revistas, CDs, xornais e películas. Pasámolo moi ben!

Visita a Faro de Vigo

O xoves, día 21 de xaneiro, o alumnado de 3º visitou as instalacións de Faro de Vigo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet