Skip to Content

EDUCACIÓN FÍSICA

O noso alumnado tamén ten iniciativas.

A aprendizaxe significativa vén determinada en gran medida pola implicación do alumnado no proceso da mesma. Para iso, ao marxe do currículo legal, os intereses dos nosos discentes son unha materia prima imprescindible para conseguir levar a bo porto o proceso formativo. Nesta liña, temos un alumnado que achega e suma tanto propoñendo actividades como participando e aceptando estas propostas. Na seguinte ligazón ten acceso á galería fotográfica destas actividades con alumnas e alumnos de 6º. Estas propostas foron dirixidas por Gabriel Rodríguez Lago (Taikwondo); María Domínguez Fernández (xadrez); Elia Pires Pérez, Lena Rodríguez García e Erea Ucha Comesaña (patinaxe).

Galería fotográfica

O Deporte da Loita Libre. Plan Proxecta: Coñece o me club (Xogade)

proxecto Descubrindo o Norte, incluído no Plan Proxecta da Consellería de Educación e dentro do programa "Coñece o meu Club" de Xogade, o noso colexio participa na campaña de promoción da Loita cunha serie de actividades nas clases de Educación Física que culminarán nunha xuntanza de varios colexios no pavillón deportivo do campus universitario "Lagoas Marcosende" da universidade de Vigo  co alumnado de 4º. E todo en colaboración co Club de Loita Sabarís o Servizo Provincial de Deportes e o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.

Nestes días estamos desenvolvendo unha unidade didáctica de iniciación aos “deportes de loita”. Do mesmo xeito que todos os deportes, esta actividade, aporta moitos aspectos positivos:

•Desenvolvemento das habilidade motrices básicas.
•Mellora da condición física.
•Desenvolvemento de condutas sociomotrices positivas.
•Mellora da autoestima e seguridade nun mesmo debido á análise da situación e toma de decisións.

Na seguinte imaxe atópase o enlace á galería fotográfica

Galería Fotográfica

Minivoleibol e coeducación.

Ao longo deste curso o noso colexio  participará no Plan Proxecta da Consellería de Educación con Proxecto Descubrindo o Norte. A dinamización dos recreos con distintas actividades deportivas, xogos populares, a asistencia de distintos entrenadores para explicarlle ao noso alumnado os valores da actividade física así como a concienciación sobre a importancia dos hábitos saudables de alimentación serán os aspectos que marquen as directrices básicas deste proxecto.

Hoxe o alumnado de 3º, 4º e 5º  compartiron unha xornada de iniciación ao minivolei co Club Vigo Voleibo. Visitáronos o presidente do club, D. Guillermo Touza, un adestrador con moita experiencia nas categorias base, D. Miguel Martínez Larrea  e un dos seus mellores xogadores, Adrían. Todos eles compartiron co noso alumnado  a súa "sabedoría", experiencia e paixón polo deporte en xeral, como medio para conseguir unha vida saudable; e en particular, por un dos deportes máis coeducativos.

Por ser un deporte de equipo e por ter as características que posúe, este deporte, fomenta no alumnado actitudes de integración, traballo en equipo, respecto aos  outros (compañeiros e adversarios), actitudes de xogo limpo e respecto ás normas…(Competencia moral e cidadá). Si temos en conta a contorna no que se desenvolve, os materiais utilizados así como o movemento propio e o dos compañeiros cos que ten que cooperar ou opoñerse, establecemos a competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. En canto ao respecto á autonomía e iniciativa persoal, o minivoley permite desenvolver actitudes de superación, responsabilidade e constancia, o cal redunda eficaz e positivamente na propia autoestima.

Picando na seguinte imaxe abrirase a galería fotográfica

Ponse en marcha o proxecto Descubrindo o Norte

logo DoN18

Arranca o proxecto interdiciplinar e intercentros Descubrindo o Norte 2019 / 20  X Edición. A través deste proxecto intentamos que todas as competencias traballadas no desenvolvemento curricular que se traballa no colexio teñan unha aplicación práctica para o noso alumnado. A actividade física, a ciencia, a cultura e a formación, a sensibilización medioambiental; valores como o esforzo e a responsabilidade, así como o fomento da socialización positiva dentro da comunidade escolar son os pilares do proxecto. Deporte de Orientación e Ciencia serán os motores que dinamicen Descubrindo o Norte. Este proxecto incluirémolo dentro Plan Proxecta da Consellería de Educación , na modalidade de Proxecto Deportivo de Ccentros: Centros Activos e Saudables. E participaremos tamén no programa Xogade que oferta a Secretaría Xeral para o Deporte a través do Servicio Provincial de Deportes.

Na páxina web do colexio informaremos á comunidade escolar de todas as actividades que se desenvolvan ao longo do curso.

Documento Resumo do Proxecto Descubrindo o Norte 2019/20

Documento resumo do proxecto interdisciplinar intercentros Descubrindo o Norte  X Edición.

Participan os colexios:

  • CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares  (Vigo)
  • CEIP Sárdoma-Moledo (Vigo)
  • CEIP Souto Donas (Gondomar)
  • CEIP Humberto Juanes (Nigrán)

Picando na seguinte imaxe ábrese o documento.

pro
Documento

 

 

Descubrindo o Norte en ediciones anteriores

Vídeo resumo do proxecto "Descubrindo o Norte" en edicións anteriores.

Curso 2018-19 Curso 2011-12

Documental

O Deporte de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut