Skip to Content

Cómicos e Saltimbanquis

Recursos e actividades do proxecto Cómicos e Saltimbanquis, relacionado coas actiividades circenses, literatura, historia, música, teatro...

Entroido 2024

A comparsa “Cómicos e saltimbanquis” amosou as súas habilidades xunto cos seus compañeiros e mestres. Aínda que a meteoroloxía non permitíu celebrar esta festa no torreiro, como facíamos outros anos, o colexio foi o noso escenario.

Forman parte desta actividade o ritmo, a expresión e comunicación corporal, equilibrios e coordinacións, que facilitan o desenvolvemento de conductas sociomotrices. Para desenvolver todos estes aspectos utilizamos diábolos, panos, pratos chinos, zancos, pelotas e aros de malabares, e todo acompañado por distintos ritmos musicais.
Con todos estes contidos, incluídos dentro do currículo escolar, se busca cambiar a tendencia respecto ás modalidades deportivas tradicionais (baseadas en modelos masculinos e para un tipo moi concreto de alumnado), e buscar motivacións novidosas entre o alumnado con implementación de metodoloxías actuais.

A Expresión Corporal sempre estivo presente no ámbito humano e dise que é a forma máis antiga de comunicación. Trátase dun elemento de desenvolvemento da imaxinación, da creatividade, do crecemento persoal. Música e movemento axudan ao noso alumnado a manifestar de forma desinhibida emocións, sensacións e esquemas rítmicos corporais que lle conducirán a coñecerse mellor, desenvolvendo condutas sociomotrices máis íntegras, profundas e intensas.

Video longo. 14 minutos Vídeo curto. 1.5 minutos

 

Os "Cómicos e saltimbanquis" xa están a liala

O proxecto “Cómicos e saltimbanquis” forma parte dun grupo de unidades didácticas da materia de Educación Física que desenvolven varios bloques de contido á vez que que se move entre diferentes ámbitos do coñecemento. A imaxe e percepción corporal así como as actividades físicas artístico-expresivas e as habilidades motrices son, entre outros, os bloques de contidos curriculares entre os que se enmarca este proxecto. Os equilibrios, as coordinacións así como outras habilidades e destrezas e un alto compoñente creativo son os elementos que caracterizan esta actividade que, á vez, favorece o desenvolvemento de condutas sociomotrices positivas dentro do ámbito escolar, mellora a confianza, a autoestima e o desenvolvemento da madurez emocional pois o alumnado síntese comprometido consigo mesmo e co resto de compañeiros e compañeiras seguros de conseguir un obxectivo común.

 

Descubrindo o acrosport

O acrosport é unha modalidade deportiva na que podemos atopar todas as calidades físicas básicas, pero acrobacias e coreografías son os aspectos que identifican este deporte.
A todo iso podemos unir unha gran dose de creatividade, cooperación, responsabilidade, resolución de problemas, toma de decisións así como toda unha ampla lista de valores individuais e colectivos comúns a todos os deportes.
O acrosport é unha actividade motivadora para o alumnado que, ademais, favorece o desenvolvemento de condutas sociomotrices positivas; é unha activiadad integradora na que todo o alumnado é imprescindible, ninguén queda excluído, todos son necesarios na procura do obxectivo desexado.
Nesta segunda parte da unidade "Comicos e saltimbanquis", incluída no proxecto "Descubrindo o norte", integramos o movemento e a música xunto coas acrobacias para facer máis visible os obxectivos marcados no bloque de contidos referido á "experisión e comunicación corporal", ao que daremos continuidade despois do descanso do Nadal coa última parte da mecionada unidade didáctica coa posta en escena das actividades circenses.

Galería fotográfica
O Rey León Piratas Alicia Returns

Descubrindo o Hip Hop. Xuntanza de clausura no IFEVI

As posibilidades comunicativas, creativas e de socialización que derivan do tratamento da Expresión Corporal, xustifican a importancia de traballar este bloque de contidos no marco escolar da Educación Física. A danza, forma parte da expresión e comuicación corporal e preséntase como un contido con numerosos valores educativos que contribúen ao desenvolvemento da creatividade do alumnado, ao desenvolvemento das capacidades físicas e coordinativas, á mellora da expresión corporal, á socialización na aula e a unha educación rítmico-musical grazas ao coñecemento, práctica e valoración de diferentes tipos de bailes.

Neste caso, o "Hip Hop" aglutina, ademais, todo un movemento cultural iniciado no Bronx. As reivindicacións sociais, o arte urbano tanto nos grafitis como na danza son as súas señas de identidade.

Galería fotográfica

Ensaios hip hop 5º A e 5º B

Adestramento hip hop 5º A e 5º B

5º A 5º B

Cómicos e saltimbanquis: coreografías. Alumando de 6º

As posibilidades comunicativas, creativas e de socialización que derivan do tratamento da Expresión Corporal, xustifican a importancia de traballar este bloque de contidos no marco escolar da Educación Física. A danza, forma parte da expresión e comuicación corporal e preséntase como un contido con numerosos valores educativos que contribúen ao desenvolvemento da creatividade do alumnado, ao desenvolvemento das capacidades físicas e coordinativas, á mellora da expresión corporal, á socialización na aula e a unha educación rítmico-musical grazas ao coñecemento, práctica e valoración de diferentes tipos de bailes. O obxectivo principal deste traballo é presentar o contido danza dentro da Expresión Corporal no marco da Educación Física, incidindo nas posibilidades que ofrece para o traballo, desenvolvemento e mellora da socialización na aula e da capacidade creativa do alumnado a través do baile. (Inmaculada Gª Sánchez, revista "efDeportes.com")

Esta unidade didáctica está incluída dentro do proxecto "Cómicos e saltimbanquis" que culminará en febreiro coa creación da comparsa para o Entroido onde o ritmo e as actividades circenses teñen un protagonismo singular.

Grupo I Grupo II Grupo III Grupo IV

O ritmo e a expresión e comunicación corporal

As posibilidades comunicativas, creativas e sociais que derivan do tratamento da Expresión Corporal, xustifican a importancia de traballar este bloque de contidos no marco escolar da Educación Física. A danza, formando parte da Expresión Corporal, preséntase como un contido con numerosos valores educativos que contribúe ao desenvolvemento da creatividade do alumnado, ao desenvolvemento das capacidades físicas e coordinativas, á mellora da expresión corporal, á socialización na aula e a unha educación rítmico-musical grazas ao coñecemento, práctica e valoración de diferentes tipos de bailes. O obxectivo principal deste traballo é presentar o contido danza dentro da Expresión Corporal no marco da Educación Física, incidindo nas posibilidades que ofrece para o traballo, desenvolvemento e mellora da socialización na aula e da capacidade creativa do alumnado a través do baile. (Inmaculada Gª Sánchez, revista "efDeportes.com")

Esta unidade didáctica está incluída dentro do proxecto "Cómicos e saltimbanquis" que culminará en febreiro coa creación da comparsa para o Entroido onde o ritmo e as actividades circenses teñen un protagonismo singular.

 

Cómicos e saltimbanquis. Entroido 2023

Un ano máis a comparsa “Cómicos e saltimbanquis” amosou as súas habilidades na parroquia de Valadares. Forman parte desta actividade o ritmo, a expresión e comunicación corporal, equilibrios e coordinacións, que facilitan o desenvolvemento de conductas sociomotrices. Para desenvolver todos estes aspectos utilizamos diábolos, panos, pratos chinos, zancos, pelotas e aros de malabares, e todo acompañado por distintos ritmos musicais.
Con todos estes contidos, incluídos dentro do currículo escolar, se busca cambiar a tendencia respecto ás modalidades deportivas tradicionais (baseadas en modelos masculinos e para un tipo moi concreto de alumnado), e buscar motivacións novidosas entre o alumnado con implementación de metodoloxías actuais.

A Expresión Corporal sempre estivo presente no ámbito humano e dise que é a forma máis antiga de comunicación. Trátase dun elemento de desenvolvemento da imaxinación, da creatividade, do crecemento persoal. Música e movemento axudan ao noso alumnado a manifestar de forma desinhibida emocións, sensacións e esquemas rítmicos corporais que lle conducirán a coñecerse mellor, desenvolvendo condutas sociomotrices máis íntegras, profundas e intensas.

Os "Cómicos e saltimbanquis" xa están en marcha

O proxecto “Cómicos e saltimbanquis” forma parte dun grupo de unidades didácticas na materia de Educación Física que desenvolven varios bloques de contido desta materia á vez que que se move entre diferentes ámbitos do coñecemento. A imaxe e percepción corporal así como as actividades físicas artístico-expresivas e as habilidades motrices son, entre outros, os bloques de contidos curriculares entre os que se enmarca este proxecto. Os equilibrios, as coordinacións así como outras habilidades e destrezas e un alto compoñente creativo son os elementos que caracterizan esta actividade que, á vez, favorece o desenvolvemento de condutas sociomotrices positivas dentro do ámbito escolar, mellora a confianza, a autoestima e o desenvolvemento da madurez emocional pois o alumnado síntese comprometido consigo mesmo e co resto de compañeiros e compañeiras seguros de conseguir un obxectivo común.

Galería fotográfica
 
 
 
 
 

Cómicos e saltimbanquis: iniciación ao acrosport

O Acrosport é unha actividade física que polas súas características é unha actividade moi motivadora para traballar os contidos correspondentes ao bloque da expresión e comunicación corporal. Vai permitir ao alumnado expresarse creativamente co seu corpo e experimentar sensacións e actitudes responsables propias  e cara ao dos compañeiros. Na unidade didáctica de Cómicos e Saltimbanquis o tanto o "acrosport" como o resto de actividades circenses, que iniciaremos despois do Nadal, son os protagonistas. A través desta unidade, o alumnado desenvolve condutas sociomotrices, a súa creatividade, condición física, ritmo así como valores de responsabilidade, esforzo.

A continuación engádense o enlace á galería fotográfica.

Galería

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut