Skip to Content

Descubrindo o Norte

Descubrindo as mulleres da Escola de Ramón y Cajal co Dr. D. Carlos Spuch

A visita de D. Carlos Spuch ao noso colexio supuxo unha festa e goce científico entre o noso alumnado de 6º. O evento dividiuse en dúas partes. A primeira na biblioteca do centro, onde o Dr. fixo unha presentación sinxela e breve sobre D. Santiago Ramón y Cajal. Máis que nos datos biográficos, o invitado completou a súa poñencia con numerosas anécdotas da vida do pai da neurociencia así como das mulleres pioneras da ciencia e da "Escuela" que creou o Premio Nobel. Despois dun pequeno cambio de impresións, pasamos ao laboratorio, onde desenvolveuse a segunda parte do acto. Nesta dependencia, o alumnado puido sentirse neurocientíficos por un día. Foi unha experiencia fantástica na que o alumnado obserbou cos microscopios as mostras dos cortes de neuronas, cerebros humanos e de ratos.

Como sempre, D. Carlos Spuch non defraudou. Agradecemos moito a súa colaboración co proxecto Descubrindo o norte.

Galería fotográfica Carta de agradecemento

Descubrindo a Serra do Galiñeiro

O alumnado de 5º xunto coas súas familias e os seus mestres e mestras compartirán unha xornada formativa, cultural, deportiva e lúdica o vindeiro venres, día 10 de maio na Serra do Galiñeiro (zona do merendeiro). Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto , así como algunhas orientacións básicas e o itinerario para poder chegar ao punto de reunión. Esta actividade pertence ao proxecto Descubrindo o Norte, incluído no Plan Proxecta.

como chegar
Como chegar Recomendacións Programa Información interesante Previsións meteorlóxicas

NOTA: O mesmo que en anos anteriores, se o tempo o permite, o rematar a actividade, podemos merendar todos xuntos.

Descubrindo a bicicleta co Club Ciclista Vigués

Cada vez son máis as persoas que recorren ás bicicletas como medio de transporte limpo e respectuoso co medio ambiente. Desprázanse polas cidades en bicicleta, para ir ao traballo ou darse un paseo, e os carrís-bici son cada vez máis frecuentes en todos os lugares. Ademais, as bicicletas, son un elemento ao que podémoslle sacar moito beneficio tanto a nivel familiar como escolar e deportivo. A dimensión escolar no ámbito da educación vial está clara; no ámbito familiar é unha boa escusa para iniciar aos cativos dun xeito divertido nos hábitos de vida saudable facendo xogos e pequenas excursións adaptadas ás respectivas idades; No ámbito do deporte non fai falta falar moito: ciclismo, MTB, Orientación en bici(MTB-O)... E neste sentido, un ano máis, o Club Ciclista Vigués achegou ao noso alumnado a súa paixón por estes deportes.

Moitas grazas unha vez máis a María, Ángel, Elsa e Fátima. Grazas ao Club Ciclista Vigués.

Galería fotográfica

 

 

Descubrindo o bádminton

A inclusión e equilibrar as diferenzas individuais son obxectivos que o proxecto "Descubrindo o norte" leva no seu ADN e, como ben sabedes todos os que seguides as nosas actividades dentro do marco da Educación Física, para conseguilos, apoiámonos nos deportes alternativos e os minoritarios, nos cales as diferenzas técnicas e as habilidades individuais redúcense notablemente, o cal facilita a inclusión.
Por que eliximos o bádminton neste caso, pois porque se trata dun deporte de baixo impacto articular, é igual de accesible para ambos os sexos, favorece o desenvolvemento de habilidades físicas fundamentais dos máis pequenos, é alcanzable para todos, é un deporte dinámico e divertido…

Despois de traballar este deporte no colexiona correspondiente unidade didáctica, o alumnado de 3º participou nunha xornada lúdico-deportiva con varios colexios da contorna no IFEVI. O Servicio Provincial de Deportes facilitou o desenvolvemento desta xornada.

Galería fotográfica

Descubrindo o Balonkorf

Como vén sendo habitual, o proxecto “Descubrindo o norte”, ademais do desenvolvemento psicomotriz do noso alumnado, impulsa tamén valores como a inclusión e a coeducación tratando de equilibrar as diferenzas á vez que fomenta o desenvolvemento persoal. Para iso utilizamos os deportes minoritarios e os alternativos cos que, por ser menos coñecidos e practicados, conseguimos minimizar as diferenzas nas habilidades de quen os practica.O balonkorf é un destes deportes. O noso alumnado de 6º tivo a oportunidade de coñecelo da man dun dos seus técnicos na primeira quincena do mes de abril.

Galería fotográfica

 

Descubrindo a arte, a ciencia e as mulleres neurocientíficas da Escola de Ramón y Cajal.

Colaborando co proxecto "Descubrindo o norte", o Dr. D. Carlos Spuch visitará un ano máis o noso centro para achegar a Ciencia o noso alumnado. Ademais de poñer en valor a importancia que teñen a actividade física, a alimentación así como a estimulación cognitiva e o desenvolvemento emocional cara a madurez persoal, nesta ocasión, descubriremos da man do Dr. a figura de D. Santiago Ramón y Cajal, a importancia da súa Escola e o papel crucial desenvolvido polas primeiras mulleres neurociéntífcas da súa escola. Con el, tamén descubriremos dun modo artístico como naceu a neurociencia e o desenvolvemento do método científico a partir diso.

D. Carlos Spuch é Dr. en Bioloxía e traballa no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, no complexo hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo. Científico entregado, gran defensor do campo galego, apaixonado e perseverante no seu traballo, aficionado a diversas actividades deportivas, gran divulgador e comunicador; sencillez e humildade son aspectos que lle caracterizan. O vindeiro día 24 de abril onoso alumnado terá a oportunidade vivir esta experiencia.

Canto sabes do

sistema nervioso?

As mulleres da Escola de

Ramón y Cajal

Un libro Curiosidades Un relato

Beneficios da lectura

en papel

Descubrindo o atletismo en pista.

"Citus, altius, fortius". Como comentei en anteriores ocasións, este é o lema que o barón Pierre de Coubertain vinculou aos Xogos Olímpicos. Nesta xuntanza deportiva, o atletismo cobra un significado especial. A carreira, o salto e o lanzamento son accións presentes no atletismo e son base necesaria para calquera outro deporte. O amplo grupo de deportes que inclúe o atletismo, favorecen o desenvolvemento da forza, a resistencia física e conséguese velocidade. Así mesmo, correr fai que mellore a capacidade pulmonar. Por outro lado, ademais das vantaxes físicas, o atletismo ten outras psicolóxicas: mellora a autoestima, o autocontrol, estabilidade emocional o cal redunda nun maior rendemento escolar xa que a actividade física en xeral, forxa o carácter, desenvolve actitudes inclusivas, mellora a empatía, a autoestima e a forza de vontade poñendo en valor actitudes como o esforzo, a constancia e o optimismo para alcanzar os obxectivos propostos. E todo iso respectando en todo momento aos adversarios.

O proxecto “Descubrindo o norte” en colaboración co Servizo provincial de deportes e o clube atletismo Beade levou o pasado luns ao noso alumnado de 4º de primaria ás instalacións do IFEVI para compartir unha xornada lúdico deportiva xunto co nenas e nenos de numerosos colexios de Vigo onde o atletismo foi o protagonista.

Galería fotográfica

 

Descubrindo os "Primeiros auxilios"

Os accidentes e lesións poden ocorrer en calquera momento, polo que é importante que os nenos estean preparados para manexar situacións críticas de maneira efectiva. A importancia dos primeiros auxilios na educación primaria é innegable. Os estudantes de primaria son moi novos e están en constante actividade, o que aumenta o risco de lesións e emerxencias médicas. É importante que os nenos saiban como actuar en caso de emerxencia, xa sexa para axudar a un compañeiro de clase ou para saber como actuar no caso de que eles mesmos necesiten atención médica.

A pasada semana, nas clases de Educación Física, o alumnado de 4º, 5º e 6º descubriron e practicaron diversas actividades de iniciación  aos primeiros auxilios:

  • Protocolos básicos en pequenas feridas e lesións.
  • Protocolo RCP (Reanimación cardiaca e pulmonar)                                                              
  • Manexo do desfibrilador
  • Conducta PAS (Protexer, avisar e socorrer)
  • Protocolo OVACE (Obstrucción de vías aéreas por cuerpo extraño)
Galería Fotográfica

Descubrindo a esgrima coa Sala Viguesa de Esgrima Antiga

Os deportes de combate supoñen unha alternativa máis dentro do ámbito da actividade física e o deporte.
Á marxe do que en non poucas ocasións pénsase, este tipo de deportes aglutinan un amplo espectro de valores que se vertebran nos tres lados do triángulo da saúde, a saber, o lado físico, o social e, por suposto, o mental. Todos estes valores facilitan o desenvolvemento motor e psicomotor, que unido á posta en práctica de condutas
sociomotrices favorecen a mellara da autoestima, da capacidade de concentración e esforzo, da forza de vontade, entre outros aspectos que resultan tan importantes cara a consecución da madureza emocional.
Neste sentido,  o proxecto “Descubrindo o norte", contou   o pasado venres coa participación da Sala Viguesa de Esgrima Antiga. Que ademais de transmitir ao noso alumnado de 4º,5º e 6º a súa paixón pola esgrima e a historia, espertaron no noso alumnado novos intereses e curiosidades.
Moitas grazas a Sarai, Aldán e Damián pola súa colaboración e compromiso.

Finalmente agradecemos tamén a D. Carlos Spusch a súa presencia activa nesta actividade. Ademais dun gran divulgador científico tamén é un magnífico deportista que predica co exemplo. Pronto estará novamente connosco.

Galería Fotográfica

Descubrindo a Ciencia coa Dra. Dª Mercedes Peleteiro Olmedo.

Dª Mercedes Peleteiro Olmedo, Doutora en Bioquímica pola Universidade de Vigo e investigadora no CINBIO (Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina)desta Universidade, dentro do ciclo de conferencias científicas do proxecto Descubrindo o Norte e achegar ao noso alumnado ao mundo da ciencia e a investigación no campo das vacinas. A Doutora captou a atención do alumnado desvelando os misterios do sistema inmunitario cunha exposición moi cercana e adaptada á idade dos presentes á vez que reivindicou a importancia do papel desenvolvido polas mulleres científicas ao longo da historia. Ademais explicou de xeito moi sinxelo os avances da ciencia en función da evolución e adapatación e mutacións dos virus. A conferencia foi moi dinámica e intensa e finalizou cun interesante “debate” entre o alumnado e a Dra. Peleteiro, quen sinalou que estivo encantada de compartir esta experiencia cun alumnado tan acolledor, agarimoso e ávido por saber.

Galería fotográfica Carta de agradecemento

 

Distribuir contido


by Dr. Radut