Skip to Content

Día da Paz

Actividades do Día da PAZ

Para celebrar o día da PAZ, baixamos ao patio e formamos un mosaico de cores simulando un arco da vella.

A continuación, uns representantes de cada clase izaron o globo da PAZ, que previamente fixeramos na clases de Plástica pegando nenos/as de diferentes razas, representando a interculturalidade.

Por último, cantamos o rock da Paz.

Foi unha mañá redonda!!

Paz 2016

O día 30 de Xaneiro, celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

Dende o día 20 ao 29 de xaneiro podes participar no concurso que preparamos.

Recolle un folleto na Biblioteca, contesta ás preguntas e deposítao no contedor correspondente.

Tamén podes descargar os folletos premendo nas imaxes.


 1º e 2º Nivel  3º e 4º nivel  5º e 6º nivel

UNIDADES DIDÁCTICAS PAZ 2014/15

Día da Paz 2015

O día 30 de Xaneiro, celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. A conmemoración coincide co aniversario da morte do lider espiritual e nacional da India: Mahatma Gandhi (1869-1948).

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. O lema é: "Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra"

Este ano adicámolo a estudar a vida Martin Luther KIng.

Martin Luther King, Jr. foi un pastor estadounidense da igrexa bautista que desenrolou un labor moi importante en Estados Unidos ao fronte do Movimento polos dereitos civís para os afroamericanos.

http://es.wikipedia.org/wiki/Martin_Luther_King

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/k/king.htm

http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=608

Dende a Biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística, propuxemos participar no concurso que preparamos para cada un dos ciclos.

Como este ano estamos a traballar co proxecto “A reciclaxe é vida”, o día 30 todos os cursos participamos nunha actividade conxunta na que construímos o símbolo da Paz con botes de iogurt usados nos que cada un escribiu o seu nome e logo cantamos a canción de Pablo López  “El mejor momento”.

Quedounos así de ben!!

  POWER POINT   
     
  Dípticos do concurso  

DIA DA PAZ 2014

UNIDADES DIDÁCTICAS

 

PAZ 2014

O 30 de Xaneiro, celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. A conmemoración coincide co aniversario da morte do lider espiritual e nacional da India: Mahatma Gandhi (1869-1948).

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. O lema é: "Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra"

Este ano adicámolo a estudar a vida Nelson Mandela. Dende a Biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística, propoñémosvos participar no concurso que preparamos así como na elaboración dun libro de receitas con ingredientes relacionados cos valores, sentimento... e tamén nas actividades que atopamos na rede.

 
DÍPTICOS DO CONCURSO DA BIBLIOTECA SOBRE NELSON MANDELA                                        
Diptico Concurso 1º Ciclo   Díptico Concurso 2º Ciclo   Díptico Concurso 3º Ciclo Plantilla receitas

 http://es.wikipedia.org/wiki/Nelson_Mandela

 http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/mandela.htm

http://www.cidob.org/es/documentation/biografias_lideres_politicos/africa/sudafrica/nelson_mandela

 

ACTIVIDADES ATOPADAS NA REDE

 

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/paz2/paz.html
http://actividadeslim.blogspot.com.es/2012/01/wangari-y-los-arboles-de-la-paz.html
http://dl.dropboxuxsercontent.com/u/13783708/librolim_paz/lim.swf?libro=dia_da_paz.lim
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/29008589/helvia/aula/archivos/_25/html/305/construyo_la_paz.html
http://www.orientacionandujar.es/2011/01/25/1001-materiales-enlaces-y-documentos-para-trabajar-el-dia-de-la-paz/
 

CANCIÓN PARA A PAZ 2014

Paz 2013


O 30 de Xaneiro, celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA, aínda que sabemos que a PAZ é algo ao que debemos de contribuír diariamente coas nosas accións, nesta data, deberíamos de pararnos a pensar e a reflexionar sobre se o estamos facendo ou non, e en tal caso, procurar correxirnos.

A continuación, propoñemos diferentes actividades nas que podedes participar. 

PREME PARA DESCARGAR OS DÍPTICOS OU A FOLLA DE RESPOSTAS PARA A CAZA DO TESOURO  
Diptico Concurso 1º Ciclo   Díptico Concurso 2º Ciclo   3º Ciclo : CAZA DO TESOURO
 
       

DESCARGAR A FOLLA DE RESPOSTAS

Esta Caza do Tesouro foi diseñada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares de Vigo para os alumnos e alumnas do 3º Ciclo de Educación Primaria. Esta actividade está incluída na Unidade Didáctica diseñada para conmemorar o Día da Paz.

PÁXINAS DE INTERESE DE INFORMACIÓN:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Pacifismo

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/manuelperez/udidacticas/diapaz/entrada/entrada.htm

http://www.rinconsolidario.org/palabrasamigas/pa/paz/paz.htm#

http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/diapaz

http://miclase.wordpress.com/category/celebraciones/dia-de-la-paz/

 
LIM   UNIDADE DIDÁCTICA
     

 

Fotos día da paz (2012)

PAZ 2012

ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ

PROGRAMA E UNIDADE DIDÁCTICA

MANIFESTO POLA PAZ

 

Distribuir contido


by Dr. Radut