Taboleiro

Apuntes sobre o entroido

O entroido – Un pequeno apunte, Refráns e cantigas – (Entrada en Galego)

O entroido celebrase conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro.
É o que se coñece como ciclo do entroido e que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións.
As súas datas fundamentais, por orde, son:
Domingo fareleiro
Domingo oleiro
Xoves de compadres
Domingo corredoiro
Xoves de comadres
Domingo de entroido
Luns de entroido
Martes de entroido
Mércores de cinza
Domingo de piñata
Non en todas as vilas se conservan ou existiron nunca todas estas festividades. Sendo as destacadas noutra cor as máis coñecidas. Ademais, aínda que os días grandes adoitan ser o domingo e o martes de entroido, noutras localidades, como Laza, a data referencial é o luns de entroido.
Dentro da riqueza cultural de Galicia atopamos un sinfín de celabracións de entroido, entre as que compre destacar as seguintes:

-Máscaras ourensás: cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, os felos de Maceda, os boteiros de Vilariño de Conso, de Manzaneda e de Viana do Bolo, os irrios de Castro Caldelas, as charrúas de Allariz, as pantallas de Xinzo, os vergalleiros de Sarreaus, os murrieiros da Teixeira, os troteiros de Bande, os vellarróns de Riós.
Máscaras atlánticas: os xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilaboa e as madamitas e madamitos do antroido de Cotobade.
Outras costumes: Mecos bonitos e mecos feos de Froxás das Viñas, Volantes da Ribeira do Miño (Parroquias de Santiago de Arriba, San Pedro, Camporramiro e Nogueira, O Oso de Salcedo, en Salcedo (A Pobra do Brollón), O merdeiro en Vigo.

Refráns de entroido:

* O antroido ao tizón, a Páscoa ao sol. É dicir, no entroido inda vai frío, pero na pascua xa vai habendo solciño para quentarse.
* Páscoas con quen quixeres, entroidos coas túas mulleres, ou tamén A Páscoa onde quixeres, o Antroido onde as mulleres; ou O entroido coas túas mulleres, a Páscoa con quen quixeres. Creo que non precisa explicación. Seguide o consello!
* Día de Antroido ou de Páscoa, cada papón na súa casa. Son as datas nas que non se vai de convidado a comer, ou eso di o refrán, pero…
* O antroido coas súas artes, botou a San Matías fóra do martes. O San Matías anda co Antroido ás porfías. Estes dous teñen o seu aquel porque teñen moito que ver coa teima da igrexa de querer separar as festas paganas como o Entroido das Cristianas.
* Martes de antroido, cando has de vir; casquiñas de ovos, case habedes de ruxir. Agardando pola festa.
* Entroido larafuzán, coméchesme a carne e deixáchesme o pan. Si, claro, se fora o entroido o que comera…
* Non todos os martes son días de antroido; ou Todos os días non son martes de entroido. Ou, como diría o meu pai: hai máis días ca longanizas…
Recollido do Refraneiro Galego
Cantiga de entroido:
“Adiós martes de entroido,
adiós, meu amiguiño,
hasta Domingo de Pascua
non comerei máis touciño”
:

Clic aqui para ver la fuente de la información:
O entroido – Un pequeno apunte, Refráns e cantigas – (Entrada en Galego)
http://feedproxy.google.com/~r/BlogDeIris/~3/1gsdVWPNMBA/o-entroido-un-p...

Powered by Drupal - Design by artinet