Skip to Content

Os sentidos. 1º Educación Primaria

Despedida del curso

Llegamos al final del curso! Fue un curso muy difícil pero lo hemos conseguido. Voy a echaros mucho de menos. ¡Mucha suerte!

https://drive.google.com/file/d/11u7KtrxbpLbY3ITmfbrRq98gluuaXfYa/view?usp=drivesdk

DÍA DO LIBRO 2021

Premendo na imaxe de enriba pódese ver o vídeo da Día do libro.

APADRIÑAMENTO LECTOR "NADARÍN"

Bo día! Con motivo do día do libro fixemos o apadriñamento lector. Noutros anos, o alumnado de 1º regresaba a súa Escola Infantil a ler un conto aos seus antigos compañeiros. Este ano tivemos que facer algúns cambios por motivo do COVID 19: decidimos facer un vídeo do alumnado lendo o conto de NADARÍN. Así os pequenos de infantil poderán disfrutar do conto igualmente.
Esperamos que vos guste moito!


https://drive.google.com/file/d/1m2zHFoLUPe7uYfgAN_OFP6vskktKvldO/view?usp=drivesdk

DÍA DA POESÍA

Para o día da poesía fixemos  este poema. Levounos ben de tempo escoller as palabras e rimalas, pero ao final quedou un poema moi riquiño. Fala dos rabichos e rabichas, de todo aquelo no que destacan pero tamén do que deben mellorar. Esperamos que vos guste moito.

 

https://drive.google.com/file/d/1Mg17os-2poSMuOznrDZmVfD6A8pjI1Hq/view?usp=drivesdk

 

Os animais vertebrados

Este é o vídeo que fixemos sobre os animais vertebrados. Foi a primera vez que usamos o croma, o cal permitiunos cambiar o fondo do vídeo por outros máis divertidos. Premendo na primeira imaxe podedes acceder. Na segunda imaxe temos as tomas falsas, non volas podedes perder!

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Deixamos aqui o poema de Rosalía "Negra Sombra" que eliximos para o concurso do cole. Así recordamos a unha das mulleres máis importantes da cultura Galega. Unha muller loitadora dos dereitos das mulleres  nesa época e orgullosa da súa lingua e da súa terra.

https://drive.google.com/file/d/18hNwkqo0VoJbh-Ml6Fr7tf4rjEdsr4Sf/view?usp=drivesdk

O mellor do ano 2020

Boas! Quedáranos está actividade esquecida por subir. Sabemos que o 2020 foi un ano atípico e bastante rariño, pero deixounos cousas ben boas. Seguro que ningún ano cantamos e bailamos tanto. Nunca valoramos asi  os momentos tan especiais que pasamos coa familia. De seguro que todos temos recordos do 2020 que non olvidaremos xamais. Que pensan os nosos rabichos do 2020?

Deixámovolo aquí.

https://www.thinglink.com/scene/1394769398165667841

CÍES O PARAÍSO DE TOD@S

Hoxe queremos compartir con vos o conto que creamos para o concurso de Faro de Vigo- Educa.  Na categoría individual, @s rabich@s fixeron un debuxo cada un, mentras que na grupal debíamos facer un vídeo contando unha historia. O noso protagonista chámase Bellota, un cormorán moi divertido que se mete nunha aventura co seu amigo Tortu, unha tartaruga moi glotona.

Complácenos moito dicirvos que finalmente gañamos o concurso. Estamos moi pero que moi content@s. O esforzo  sempre trae recompensa.

 

Esperamos que vos guste tanto como a  nós.

Saúdos!

PREME NA IMAXE

 

 

 

ABECEDARIO RIMADO

Ola a todos e todas. Hoxe vos queremos compartir unha das últimas actividades que fixemos. Trátase  dun abecedario un pouco especial, pois está cheo de rimas. Levounos moito tempo facelo e quedounos moi pero que moi bien. Traballaron moito estes pequechos. Non  foi sinxelo facer as frases, memorizalas, dicilas ben, aprender cada un a súa letra en lengua de signos..... Foi unha chea de traballo, pero o pasamos xenial. 
Quedádevos até o final, a mellor parte é a das tomas falsas.

Estes rabichos e rabichas teñen moito salero!

 

https://drive.google.com/file/d/1XRob08R5_E-qjDAv6-Ol2S4RqK0Shi5-/view?usp=drivesdk

Distribuir contido


by Dr. Radut