Skip to Content

AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias!

Ante a situación que estamos a vivir na que nos vemos na obriga de traballar dende a casa, poñemos a vosa disposición o uso de SNAPPET,no que iremos facendo un seguimento diario dos exercicios de lengua, matemáticas e inglés.

Ademais, o alumando levou os libros, nos que poderá realizar as actividades correspondentes ao tema 7 do libro de aula.

Recordamos que é moi importante a lectura diaria.

Ante todo, pregamos manter a calma e levar estes 15 días do mellor xeito posible, tranquilizando aos peques.

Vémonos moi pronto e estamos no centro para calquera dúbida ou consulta. 

Un saúdo


Expertas e expertos

Esta semana aprendimos moito coas exposicións dos nosos expertos e expertas. 

Adenís é experto en escalada, Valentino en tenis, Mara en fútbol sala e Sofía en coidado canino

 

A maleta dos 3 tesouros

A semana pasada os nenos e nenas de 1ºA trouxeron a clase tres tesouros e explicaron na asamblea o motivo polo que son tan importantes. Foi moi divertido e agora nos coñecemos un pouquiño máis.

 

  

Proxecto E-twinning

Como xa sabedes os alumnos e alumnas de Primeiro participan nun proxecto de E-twinning, no que intercambiarán postais navideñas con nenos e nenas de outros colexios de Europa. Aquí podedes ver o chulísimas que están quedando. 

 

Samaín

 

Na clase de primeiro A tivemos un Samaín moi movido xa que o día comezou co rapto do noso querido amigo Anacleto.

O Malvado Zumbado deixounos una nota e moitas pistas que debíamos seguir para abrir o cofre do tesouro. Tivemos que resolver puzzles, problemas matemáticos, sopas de letras e ata unha proba de baile. Unha vez realizamos todas as probas conseguimos o código secreto para abrir a caixa forte e rescatamos a Anacleto que voltou onde ten que estar: con nos na clase.

Despois fixemos unha merendola con primeiro B e baixamos ao patio co resto do colexio para recitar as nosas rimas monstruosas e cantar e bailar a canción Skeleton Dance.

 Pasamos unha mañá de medooooo 

 

Visita ao Mercado Municipal de Travesas

O pasado 13 de decembro o alumnado de 1º visitou o Mercado Municipal das Travesas. A actividade tivo como finalidade presentar o mercado como un espazo de consumo onde, ademais da posibilidade de encontrar unha gran variedade de produtos frescos e de calidade que nos axudan a manter unha dieta equilibrada, predomina un modelo de comercio de proximidade, con todas as súas vantaxes.

  

Mercado de Travesas-1º-13/12/17 on PhotoPeach

Canaricultura!

Os nenos e nenas de 1º fomos á Asociación de Montes para poder disfrutar dunha exposición de distintos paxaros: canarios, paxaros exóticos, ninfas, loros,...

 

paxariños - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Celebramos o samaín

Visita aos Bombeiros

O venres, día 4 de marzo, os nenas e nenas de 1º visitaron o Parque de Bombeiros.

Durante esta visita os escolares puideron coñecer de cerca a súa organización, traballos que realizan, equipamento, vehículos, e todo o referente a este corpo. 

 

Visita á Biblioteca Juan Compañel

O xoves 16 de decembro os nenos/as de 1º fomos á Biblioteca Juan Compañel. Ali vimos moreas de libros, revistas, CDs, xornais e películas. Ao final fixéronnos unha foto diante do Dinoseto.

Pasámolo moi ben!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut