Deportes

Atletismo 5º

O día 21 de abril, os alumnos/as de 5º nivel, participamos, dentro da campaña que promove a Secretaría Xeral para o deporte, asistindo a unha competición de atletismo entre varios colexios de Vigo.

O día estaba frío e chuvioso no CUVI, pero aínda así saltamos, corrimos, lanzamos, animamos..., con todas as forzas e ilusións que tiñamos.

Finalmente, non foi posible a clasificación para a Final Provincial en Pontevedra, pero disfrutamos dos beneficios para a saúde dun deportivo e atlético día.

Estes son os postos que acadamos:

Xornadas de achegamento á loita libre olímpica

O día 7 de abril, os alumnos/as de 4º, saímos ao Pavillón de Valadares para disfrutar dunha xornada de achegamento á loita libre olímpica.

Esta actividade, que ademais compartimos cos compañeiros de Sobreira, foi organizada pola Secretaría Xeral de Deporte, poñendo á nosa disposición dous monitores da Federación Galega de loita, e que dirixiron estupendamente a sesión. Non só explicaron varios aspectos relacionados coa práctica deste deporte, senón que tamén puidemos disfrutar coa realización de varios xogos predeportivos e axeitados para a aprendizaxe da loita:

  • Atrapar a cola
  • Acadar o centro da lona
  • Loita de xeonllos
  • Apoderarse do balón
  • Sogatira
  • etc.

En definitiva, unha novedosa actividade que complementa a nosa formación en Educación Física dun xeito útil e lúdico.

 

Cross Zamáns

Os alumnos e alumnas de terceiro participaron no Cross de Zamáns. 

Powered by Drupal - Design by artinet