Skip to Content

Xornadas de achegamento á loita libre olímpica

O día 7 de abril, os alumnos/as de 4º, saímos ao Pavillón de Valadares para disfrutar dunha xornada de achegamento á loita libre olímpica.

Esta actividade, que ademais compartimos cos compañeiros de Sobreira, foi organizada pola Secretaría Xeral de Deporte, poñendo á nosa disposición dous monitores da Federación Galega de loita, e que dirixiron estupendamente a sesión. Non só explicaron varios aspectos relacionados coa práctica deste deporte, senón que tamén puidemos disfrutar coa realización de varios xogos predeportivos e axeitados para a aprendizaxe da loita:

  • Atrapar a cola
  • Acadar o centro da lona
  • Loita de xeonllos
  • Apoderarse do balón
  • Sogatira
  • etc.

En definitiva, unha novedosa actividade que complementa a nosa formación en Educación Física dun xeito útil e lúdico.

 



page | by Dr. Radut