Skip to Content

Día da Paz 2015

O día 30 de Xaneiro, celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. A conmemoración coincide co aniversario da morte do lider espiritual e nacional da India: Mahatma Gandhi (1869-1948).

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. O lema é: "Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra"

Este ano adicámolo a estudar a vida Martin Luther KIng.

Martin Luther King, Jr. foi un pastor estadounidense da igrexa bautista que desenrolou un labor moi importante en Estados Unidos ao fronte do Movimento polos dereitos civís para os afroamericanos.

http://es.wikipedia.org/wiki/Martin_Luther_King

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/k/king.htm

http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=608

Dende a Biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística, propuxemos participar no concurso que preparamos para cada un dos ciclos.

Como este ano estamos a traballar co proxecto “A reciclaxe é vida”, o día 30 todos os cursos participamos nunha actividade conxunta na que construímos o símbolo da Paz con botes de iogurt usados nos que cada un escribiu o seu nome e logo cantamos a canción de Pablo López  “El mejor momento”.

Quedounos así de ben!!

  POWER POINT   
     
  Dípticos do concurso  



page | by Dr. Radut