Skip to Content

Día da Paz

Día da Paz 2012


O día 30 de xaneiro, Día Escolar pola non Violencia e a Paz,  o noso colexio quere celebralo relacionándoo con algún dos deportes que teñen a  súa  presencia no proxecto que estamos a traballar neste curso, “Lectura: deporte de aventura”, As Olimpíadas ao longo da historia. 

 

Todos sabemos os valores que nos transmiten os deportes, tanto de desenvolvemento persoal como social: afán de superación, respecto á persoa, tolerancia, autodisciplina, cooperación, responsabilidade, acatación das regras, perseverancia e, sobre todo, o esforzo, a constancia e o compañeirismo. 

Por todo isto, un deportista que presenta todos os valores mencionados e que practica un dos deportes que máis éxitos trouxo para Galicia, o piragüismo, IñaKi López Rey, lerá o Manifesto pola Paz que elaboraron alumnos de 5º. 

Iñaki é mestre, aínda que non exerce, natural de Vigo,  vive actualmente en Baiona, pertence ao club de Mar Ría de Aldán e participa na categoría de veteranos.  

Nomeado, en piragüísmo,  o Mellor Deportista Masculino de Baiona do ano 2011. O seu palmarés comeza no ano 2009 cunha medalla de ouro, tres de prata e unha de bronce, continúa no 2010 e no 2011, sendo a última participación, ata agora, no campionato do mundo de Singapur, conseguindo nel a medalla de ouro de maratón na modalidade de canoa -C2- e subcampeón, medalla de prata, de maratón en canoa –C1- .

POWERPOINT CO PALMARÉS DE IñaKi López Rey

Caricaturas 2º A

Poemas pola Paz

Pombas da Paz

Actividades día da Paz

Fixemos diversas actividades:

Pegamos pombas cunha mensaxe para facer un mural.

......

Preme na imaxe para vela mási grande.

                                      
     
Distribuir contido


by Dr. Radut