Skip to Content

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-25

INICIO DOS TRÁMITES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

Xornada de portas abertas: mércores 31 de xaneiro ás 16:30h.

O procedemento iníciase coa RESERVA DE PRAZA para o alumnado adscrito a un centro e que cambia de etapa educativa:

  •  Alumnado que vén para primeiro da EEI Monte do Alba: Entregaráselle o formulario na súa escola para ser remitida ao CEP Plurilingüe Igrexa Valadares.
  •  O alumnado de sexto do noso centro que vai para 1º da ESO ao IES Valadares. Entregóuselle documentación que debe cumprimentar e entregar no centro o antes posible.

SOLICITUDE DE RESERVA CENTRO ADSCRITO:

Prazo aberto: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

 

No caso de solicitar praza noutro centro, deberase renunciar á praza no Igrexa Valadares antes do 1 de marzo. Para renunciar premer aquí.

 

O prazo para as solicitudes do alumnado procedente doutros centros,  será do 1 ao 20 de marzo.

 

ALUMNADO MATRICULADO NESTE CENTRO NO CURSO ACTUAL

Segundo a orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, os alumnos/as matriculados neste Centro no curso actual teñen garantía de permanencia e NON terán que entregar ningunha documentación para a reserva de praza para o curso 2023-24.



DATAS

 

15 xaneiro

5

febreiro

Presentación da solicitude de reserva. ANEXO I MODELO ED550A

  • Presentación no centro de orixe ou a través da aplicación "admisiónalumnado"    (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
  • O formulario normalizado será facilitado polo centro, dispoñible tamén  na web da Consellería ou do Centro, así como, na  sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”.

 

Antes do

1 de marzo

Publicación vacantes.

 

1 marzo-20 marzo

 

Solicitude de admisión de alumnado procedente de centros non adscritos. ANEXO II   MODELO ED550B

 

Antes do 25 de abril

Publicacións das listaxes provisionais.

Reclamacións. Resolución das reclamacións.

Antes do 15 de maio

Publicación listaxes definitivas

20 a 30 de xuño

Formalización MATRÍCULA  Primaria. ANEXO III-1.

Prazo límite de presentación da documentación non aportada.

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Tramitación online da reseva de praza:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
O alumnado que ten garantía de permanencía nun centro, se presenta solicitude noutro deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
ALUMNADO QUE SE MATRICULA NOUTRO CENTRO: O alumnado que ten reservada praza no centro ao que está adscrito, deberá comunicar por escrito que renuncia á reserva antes de presentar solicitude de admisión noutro centro.

 



page | by Dr. Radut