Skip to Content

ANIMACIÓN Á LECTURA: recomendacións, visitas escritores, apadriñamentos, contcontos, ...

UNHA NOVA DIMENSIÓN

 

Outra vez tivemos a sorte de contar co escritor Anxo Iglesias que viu a compartir a experiencia da poesía.

Moitas grazas por compartir con nós.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado venres conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero traballando o libro "Arturo e Clementina" e "Los hombres no pegan a las mujeres" porque...
"Non queremos ser valentes, queremos ser libres"
 

COLORÍN COLORETE

No día do Libro, viu a nosa biblioteca a contarnos os nenos e nenas de Primeiro, Sara Juncal (a nai de Ariadna de 1º) o conto de Clementina pero dunha forma moi especial :)

GALERÍA FOTOGRÁFICA

 

MAGOSTO 2022

DÍA DAS ESCRITORAS 2022

(pica na imaxe)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 

Lectores ao sol

Lectores ao sol

Abril, mes dos libros: o alumnado realiza a hora de ler no patio, á calor do sol.

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DA ESCRITORA MÓNICA RODRÍGUEZ

O venres 11 de marzo, dentro do Programa de Animación á lectura, o alumnado de 6º curso participou nunha charla-coloquio coa escritora madrileña, Mónica Rodríguez. Ademais de falarnos da súa obra "Alma y la Isla", compartiu connosco moitas das súas experiencias literarias. Sen dúbida foi unha experiencia gratificante e moi enriquecedora. 

 

PREME PARA LER A CARTA QUE O ALUMNADO DE 6º ENTREGOU Á ESCRITORA

 

24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas. 2020

 

 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Distribuir contido


by Dr. Radut