Skip to Content

APRENDEMOS, FACENDO: “sewing machine”

Estes últimos días de curso estivemos repasando o vocabulario das partes da casa en Lingua Inglesa no 3º curso. Tamén os nomes dos electrodomésticos e entre eles unha máquina de coser “sewing machine”. Aproveitamos a ocasión xa que temos unha sewing machine na escola e animámonos a facer salvamanteis “individual table cloth” comparándoa cunha folla de papel que a doblamos polos laterais e a pegamos con pegamento.

O obxectivo principal é desenvolver a creatividade de xeito comparativo entre o papel (tea)e o pegamento(máquina de coser e as súas puntadas) para facer o que nos propuñamos. Desta maneira estamos a practicar a psicomotricidade fina facendo regular a velocidade do pedalco ritmo da puntada, saber poñer o prensateas e guiala coas mans sen medo de que  pinches coa agulla.

A verdade é  que os voluntarios e voluntarias o fixeron excelentemente ben para ser a súa primeira vez.

Congratulations!!!!

AdxuntoTamaño
VIDEO-2022-06-15-11-49-10.mp439.18 MB


blog | by Dr. Radut