Skip to Content

Saidas

VISITA A NATURNOVA

O venres, día 11 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º e 4º visitaron NATURNOVA.

Naturnova é un Centro Interactivo de Educación Ambiental. O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo que nos rodea e a difusión da súa importancia, co  fin de que aprendamos a valoralo, respectalo e quererlo.

Visita aos Bombeiros

O venres, día 4 de marzo, os nenas e nenas de 1º visitaron o Parque de Bombeiros.

Durante esta visita os escolares puideron coñecer de cerca a súa organización, traballos que realizan, equipamento, vehículos, e todo o referente a este corpo. 

 

Planetario

Grazas ás xestións da ANPA, estes días estivo instalado no Colexio o Planetario da obra social "La Caixa". Os nenos e nenas de Primaria, así coma os de Infantil, tiveron a oportunidade de descubrir os secretos das estrelas.

O Planetario está pensado para despertar a curiosidade dos máis pequenos polo mundo da Astronomía. Nel poden descubrir a maxia do ceo cercano e aprender a contemplar o que hai no ceo nocturno para descubrir o que viron no Planetario

Cousas de catro

 

 xoves 28 de xaneiro  o alumnado de 3º e 4º achegouse ao Auditorio Teatro Afundación Vigo para asistir ao concerto didáctico "Cousas de 4" interpretado polo grupo musical Odaiko Percussion Group.
Achegáronse a instrumentos do mundo da percusión contemporánea e a diversos elementos de nova creación. Un espectáculo con moita improvisación e efecto sorpresa.
Catro son os elementos que definen este show que busca que o inxenio se retroalimente, evolucione e que o camiño da creación continúe espertando.

2º VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL

O martes 26 de xaneiro os nenos/as de 2º fomos á Biblioteca Juan Compañel. Alí vimos moreas de libros, revistas, CDs, xornais e películas. Pasámolo moi ben!

Visita a Faro de Vigo

O xoves, día 21 de xaneiro, o alumnado de 3º visitou as instalacións de Faro de Vigo.

 

Visita á Biblioteca Juan Compañel

O xoves 16 de decembro os nenos/as de 1º fomos á Biblioteca Juan Compañel. Ali vimos moreas de libros, revistas, CDs, xornais e películas. Ao final fixéronnos unha foto diante do Dinoseto.

Pasámolo moi ben!!

 

 

Visita Aproinppa

O pasado martes os alumnos/as de 6º visitaron Aproinppa. Alí ensináronlle o procedemento de elaboración do pan, os seus ingredientes principais e tamén lles ofreceron a posibilidade de ser panadeiros por un día e levar para a casa os seus pans personalizados. O final da visita foi inmellorable xa que os invitaron a croissants e a pan recén feito.

Visita a ANFACO

O día 17 de novembro, o alumnado de 5º visitamos o MUSEO ANFACO-CECOPESCA que é unha organización empresarial independente que se centra na representación e defensa dos intereses de más de 200 empresas relacionadas co mar e a industria conserveira.

Vimos antigas latas, documentos, maquinaria, fotografías e fixemos un percorrido polas orixes do sector das conservas de peixes e mariscos.

Ao final agasalláronnos cunha lata de saborosas sardiñas.

 

Exposición de paxaros

O día 21 de outubro visitamos a "XXIV Concurso Exposición ornitolóxica cidade de Vigo" no local da Comunidade de montes de Valadares.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut