Skip to Content

O ritmo e a expresión e comunicación corporal

As posibilidades comunicativas, creativas e sociais que derivan do tratamento da Expresión Corporal, xustifican a importancia de traballar este bloque de contidos no marco escolar da Educación Física. A danza, formando parte da Expresión Corporal, preséntase como un contido con numerosos valores educativos que contribúe ao desenvolvemento da creatividade do alumnado, ao desenvolvemento das capacidades físicas e coordinativas, á mellora da expresión corporal, á socialización na aula e a unha educación rítmico-musical grazas ao coñecemento, práctica e valoración de diferentes tipos de bailes. O obxectivo principal deste traballo é presentar o contido danza dentro da Expresión Corporal no marco da Educación Física, incidindo nas posibilidades que ofrece para o traballo, desenvolvemento e mellora da socialización na aula e da capacidade creativa do alumnado a través do baile. (Inmaculada Gª Sánchez, revista "efDeportes.com")

Esta unidade didáctica está incluída dentro do proxecto "Cómicos e saltimbanquis" que culminará en febreiro coa creación da comparsa para o Entroido onde o ritmo e as actividades circenses teñen un protagonismo singular.

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2023

Cooperativa

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA RAPOCHÁ CURSO 2023-2024
 
 

Descubrindo o atletismo. 2º Primaria.

"Citus, altius, fortius". Con este lema, o barón Pierre de Coubertain, inauguró en Atenas os Xogos Olímpicos da Idade Moderna en 1896, onde o atletismo cobra un significado especial. A carreira, o salto e o lanzamento son accións presentes no atletismo e son base necesaria para calquera outro deporte. Doutra banda, O atletismo conleva beneficios físicos para o neno.É un deporte no que se desenvolve a forza, gáñase resistencia física e conséguese velocidade.Así mesmo, correr fai que mellore a capacidade pulmonar. Ademais das vantaxes físicas, o atletismo ten outras psicolóxicas: mellora a autoestima, o autocontrol, estabilidade emocional o cal redunda nun maior rendemento escolar xa que a actividade física en xeral, forxa o carácter, desenvolve actitudes inclusivas, mellora a empatía, a autoestima e a forza de vontade poñendo en valor actitudes como o esforzo, a constancia e o optimismo para alcanzar os obxectivos propostos. E todo iso respectando en todo momento aos adversarios. O proxecto “Descubrindo o norte” a través do programa Xogade programou a semana pasada unha xornada de iniciación ao atletismo da man de adestradores do Club de atletismo Beade con alumnado de 2º de educación primaria. Fito e Pablo foron os adestradores do club encargados de iniciar a estas nenas e nenos nestas actividades físicas.

OUTONO LITERARIO 2023

Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca convoca a XVII Edición do concurso literario, este ano baixo o título "Na horta de Rapochá sementa e recollerás". Anímate a participar!

PREME NA IMAXE PARA VER AS BASES

«Pandilla Patatilla» - Samaín

«Pandilla Patatilla» - Anuncio

Descubrindo o Voleibol

O proxecto "Descubrindo o norte" busca no deporte un aliado para acadar os seus obxectivos, entre eles, manter un bo estado de saúde. Buscamos que o noso alumnado descubra a importancia que ten o equilibrio que prensenta o triángulo da saúde no seu lado físico (nutrición, actividade e descanso), no seu lado social (familia, amigos, compañeiros...), e no seu lado mental (a cultura e formación, as emocións...). Para iso pensamos que o voleibol é un dos deportes máis valiosos na idade escolar: deporte de equipo, inclusivo, sen contacto físico, requiere moita concentración e permite desenvolver a diversidade de capacidades e habilidades físicas básicas que traballamos nesta etapa. Ademais, neste caso, contamos con la inestimable colaboración técnica e humana de Miguel Martínez Larrea, adestrador  nacional desta disciplina deportiva  que o pasado venres  visitou o noso centro para transmitir ao noso alumnado de 4º, 5º e 6º a súa paixón deportiva.

Na imaxe seguinte engádese o acceso á galefía fotográfica.

Galería fotográfica
Distribuir contido


by Dr. Radut