Skip to Content

Descubrindo os xogos populares

Os xogos populares, os tradicionais transmiten aos rapaces e rapazas numeroso valores en todos os ámbitos. Mediante estes xogos satisfán as necesidades básicas de exercicio, permítelles expresar e realizar os seus desexos e prepara as súas imaxinacións para o desenvolvemento das súas actitudes morais e maduración de ideas, é un medio para expresar e descargar sentimentos, positivos ou negativos, que axuda ao seu equilibrio emocional.

O xogo permítenos  observar o desenvolvemento das potencialidades dos cativos, a súa autonomía e o seu equilibrio emocional; por todo isto, o xogo ten unha serie de valores e vantaxes que podemos obserbables nos seguintes ámbitos:

  • Físico: Por medio do xogo descárgase enerxía física, aumenta a flexibilidade e axilidade. Auméntase a resistencia, ademais, fisiológicamente desenvólvense e fortalecen músculos e extremidades.
  • Valor social: Ao ofrecer experiencias de relacións sociais axuda a descubrir o dereito alleo, a conducirse dentro do grupo social e aprender compañeirismo, disciplina, cooperación, liderado e comunicación.
  • Valor intelectual: Permite a súa interpretación mediante a fantasía, creatividade e imaxinación.
  • Valor psicolóxico: Cando inflúe na organización dunha personalidade equilibrada, a través da actividade do xogo, o neno ou a nena ten a oportunidade de construír a súa propio "yo", de experimentar sen trabas os seus gustos e afeccións sen a rixidez do mundo adulto.

A longo deste curso, en diferentes unidades didáctica viñemos traballando todos estes aspctos a través dos xogos. O pasado venres tivemos unha xornada práctica adicada aos xogos populares en Gondomar. A actividade non pudo desenvolverse como estaba prevista a causa das inclemencias metereolóxicas.

Galería fotográfica

 

Visita 1º, 2º e 3º ao Xacemento do Castro

O alumnado de 1º, 2º e 3º pasamos unha mañá moi interesante visitando o Xacemento arqueolóxico municipal do Castro de Vigo e desfrutando do entorno.

(Fai click nas imaxes para ver a máis fotos)

Descubrindo a Universidade de Vigo. Xornada práctica. Alumnado de 6º

Na xornada do venres, día 19 de maio, o alumnado de 6º desenvolveu a fase práctica do proxecto Descubrindo o norte. Foi unha xornada apaixonante dende a chegada ao campus ata o remate. Ciencia e natureza protagonizaron a xornada matinal. Comezamos no departamento de Física Aplicada da Escola de Enxeñeiros, onde o Catedrático Pío González espertou a atención das nenas e nenos cunha enchea de experiencias científicas. A continuación Raquel Alonso e Andrés Vargas, da Oficina de Medio Ambiente, deleitaron  ao alumnado explicándolle a biodiversidade que hai na contorna do Campus. A visita ao centro de Investigación en nanmateriais e Biomediciña non foi menos espectacular; a Dra. Isabel Pastoriza, Sesé Cordero, Lara González e Carla Estévez explicáronnos co moi bo oficio todo o que fan nos seus laboratorios, ao cal nenos e nenas responderon con non poucas preguntas. Xa no CINTECX, a catedrática Julia Serra xunto con estudante de Mestrado en Enxeñería e Biomediciña, presentaron o traballo do equipo ao que ela pertence, e destacou a investigación e patentes de novos biomateriais.

Cunha xornada matinal tan intensa precisábamos repoñer enerxías. Despois do almorzo e un pequeno tempo de lecer, en colaboración coa Área de Benestar, Saúde e Deporte, alumnos e alumnas xunto coas súas familias, puxeron en práctica os seus coñecementos como orientadores para desenvolver unha carreira de orientación coa que culminaría unha xornada "maratoniana" que rematou cun pequeno e máis que merecido descanso no merendeiro do parque de Beade.

O equipo docente do CEP Plurilingüe Igrexa Valadares agradece a marabillosa acollida que tivemos no campus e  oportnidade brindada ao noso alumnado.

Galería fotográfica

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2023-24

CIRCULAR INFORMATIVA 

PREME PARA ACCEDER Á CONVOCATORIA

 

 

 

CONVOCATORIA BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2023/24

Xa saíu á convocatoria para as becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023-2024. A continuación preséntanse a información relevante. Pinchando na fotografía tedes a información.

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2023

O pasado 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas co EEI Monte do Alba e coas actuacións de membros do Centro Cultural de Valadares e coa actuación da profe Raquel, o profe Thomás a nai de Xoán e Uxía de sexto.
Tamén foi a entrega dos premios do Concurso de Caricaturas de Francisco Fernández del Riego.
Os gañadores foron Neizan de 1º, Irene de 4ºA e Erea de 6º. Grazas pola vosa participación :)
 

RADIO RAPOCHÁ 2023

PROGRAMA RADIO RAPOCHÁ LETRAS GALEGAS 2023 

Os nenos e nenas de 4º e 5º fixemos un programa especial na Radio sobre o Día das Letras Galegas. Clicar na imaxe para escoitalo :)

MAIOS 2023

O pasado venres, 12 de maio, tivemos unha xornada moi especial na que festexamos "Os Maios". Foi un día de convivencia cos nosos amigos e amigas da escola infantil Monte do Alba. Fixemos adornos florais e desplazámonos ata o Centro Cultural onde cantamos e merendamos. Foi un día moi divertido.
 
PREME PARA VER AS IMAXES

Descubrindo a Ciencia. Xornada práctica no Capus da universidade de Vigo. Alumando de 6º.

Vai chegando a hora de poñer en práctica o desenvolvemento das competencias curriculares traballadas ao longo do curso.  A piques de rematar a etapa da Educación Primaria, o alumnado de 6º visitará as instalacións do Campus Universitario de Vigo o día 19 de maio  compartindo unha xornada cultural, formativa, deportiva e socializadora. Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto, algunhas orientacións básicas, así como  o itinerario para poder chegar ao aparcadoiro.

 O catedrático Pío González Fernández, do departamento de Física Aplicada coordinará os obradoiros científicos que acercará o apaixonante mundo da ciencia ao noso alumnado.  Da man dos seus  compañeiros de equipo de  investigación, Julia Serra, nos presentará os avances conseguidos no campo dos biomateriais, ámbito que lideran en España.

Doutra banda, a Dra. Dª Isabel Pastoriza Santos e o seu equipo do Centro de Investigación en Nanomateriáis e Biomediciña achegará ao noso alumnado ao campo das nanopartículas, ese "inframundo" de ferramentas que son importantísimas no presente e o futuro da medicina.

A Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade nos guiará pola contorna do campus para coñecer un chisquiño mellor a súa biodiversidade.

E, finalmente, despois de tanto coñecemento, ben nos merecemos unha boa sesión deportiva. Nesta ocasión será a través do deporte de orientación, onde, José Luís Armada, do Servizo de Deportes da Universidade, colaborará connosco para que esta actividade sexa posible. Toda unha experiencia educativa. 

parquing como chegar
Aparcadoiro Punto de encontro Programa Tríptico

Información

interesante

Recomendacións

 

 

Descubrindo o Galiñeiro. Maio 2023

O venres 12 de maio, o alumnado de 5º, as súas familias xunto cos seus mestres e mestras gozamos dunha xoranda tan intensa como gratificante.

Tratábase da fase práctica do proxecto "Descubrindo o norte" que, como é habitual, desenvólvese na serra do Galiñeiro. Nesta ocasión contamos coa colaboración da Comunidade de montes de Vincios, que da man de José Taboada e Basilio Vila ofrecéronnos  unha ampla visión dos aproveitamentos do monte así como todos os traballos que se desenvolven para intentar recuperar o monte despois dos incendios de 2017. O noso alumnado seguíu con atención toda a información facilitada polos comuneros relativa aos proxectos de "absorción de carbono" así como o traballo desenvolvido por esta comunidade de montes para achegar a auga aos veciños de Vincios. E todo iso dun xeito onde o coidado ao medio ambiente prima por enriba de todo.

Xa pola tarde, as familias xunto cos seus nenos e nenas participaron nunha carreira de orientación nas inmediacións do merendeiro. Finalmente o alumnado dirixíu unha visita guiada cara as súas familias pola zona arqueolóxida "Auga da Laxe".

Galería fotográfica
Distribuir contido


by Dr. Radut