Skip to Content

SAÍDA 5º Ó CONCELLO DE VIGO

POSTO NADAL. AWITA DE COCO.

A Cooperativa Escolar Awita de Coco abre o seu "Posto de Nadal", con artigos navideños e rifas para unha magnífica cesta.

 

 

Descubrindo o cross. Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º

O cros ou campo a través é unha modalidade de atletismo que consiste principalmente en percorrer distancias campo a través, é dicir, en circuítos naturais non urbanos. Estivo dentro do programa olímpico de atletismo durante tres Xogos Olímpicos, en Amberes 1920, Estocolmo 1912 e París 1924, e competiuse en dúas modalidades: individual e por equipos. Actualmente a máxima competición é o Campionato Mundial de Campo a través que se celebra anualmente con sede itinerante. Nace como deporte organizado en Inglaterra no século XIX e compítese tanto a nivel individual como en equipos.

 

Do mesmo xeito que outros moitos deportesa forza de vontade, a constancia, o esforzo para superar as dificultades tanto propias como as que poidan xurdir alleas a nos, as vitorias e, sobre todo, as derrotas (que solen ser as máis frecuentes) así como outros moitos aspectos, supoñen un importante cúmulo de valores pois implementan actitudes integradoras e inclusivas, de aceptación das diferenzas e superación persoal e, por suposto, elimina calquera tipo de sesgo sexista. Por todos estes motivos, fomentamos a participación do noso alumnado neste tipo de eventos a través do proxecto “Descubrindo o norte”

 

Esta actividade estivo organizada polo Servicio Provincial de Deportes a través do programa Xogade.

Galería fotográfica

 

Cómicos e saltimbanquis: coreografías. Alumando de 6º

As posibilidades comunicativas, creativas e de socialización que derivan do tratamento da Expresión Corporal, xustifican a importancia de traballar este bloque de contidos no marco escolar da Educación Física. A danza, forma parte da expresión e comuicación corporal e preséntase como un contido con numerosos valores educativos que contribúen ao desenvolvemento da creatividade do alumnado, ao desenvolvemento das capacidades físicas e coordinativas, á mellora da expresión corporal, á socialización na aula e a unha educación rítmico-musical grazas ao coñecemento, práctica e valoración de diferentes tipos de bailes. O obxectivo principal deste traballo é presentar o contido danza dentro da Expresión Corporal no marco da Educación Física, incidindo nas posibilidades que ofrece para o traballo, desenvolvemento e mellora da socialización na aula e da capacidade creativa do alumnado a través do baile. (Inmaculada Gª Sánchez, revista "efDeportes.com")

Esta unidade didáctica está incluída dentro do proxecto "Cómicos e saltimbanquis" que culminará en febreiro coa creación da comparsa para o Entroido onde o ritmo e as actividades circenses teñen un protagonismo singular.

Grupo I Grupo II Grupo III Grupo IV

A NOSA BIBLIO

Descubrindo as nosas habilidades. Xogo de avaliación.

A Educación Física xoga un papel crucial no desenvolvemento dos rapaces e rapazas nun momento onde os xogos na rúa perderon o protagonismo que tiñan anos atrás. Os xogos facilitan o desenvolvemento nas distintas etapas do crecemento nos tres grandes ámbitos: o físico, o social e o psíquico. Os órganos, aparellos e sistemas da nosa anatomía van conformándose de xeito eficaz e harmónico. Os xogos, ademais, melloran a autoestima, facilitan e melloran as estratexias  sociais e conseguen que cada un coñeza os seus límites e capacidades.

Nesta liña, o desenvolvemento das habilidades físicas básicas (saltos, xiros, desprazamentos, equilibrios…), a través de xogos de rol, onde os participantes asumen unha función para conseguir un obxectivo común, desenvolve á vez conductas sociomotrices que integran positivamente a cada individuo no grupo no que se atopa.

Os sentidos. 1º Educación Primaria

Descubrindo o sistima inmunitario coa Dra. Dª Mercedes Peleteiro Olmedo.

Dª Mercedes Peleteiro Olmedo, Doutora en Bioloxía, visitará o CEP Plurilingüe Igrexa Valadares o mércores día 29 de novembro, dentro do ciclo de conferrencias do proxecto Descubrindo o Norte. Actualmente é responsable do Servicio de  citometría de fluxo no Centro de Investigación Biomédica (CINBIO), da Universidade de Vigo. Ademais da súa faceta como  investigadora desenvólvese tamén no ámbito  da docencia e a divulgación científica.                                                                                                A Doutora achegará a Ciencia ao noso alumnado para que descubra a importancia da investigación científica de cara á salubridade e calidade de vida dos cidadáns.                                                                                                                 O sistema inmunolóxico, as vacinas, así como os hábitos de vida saudable protagonizarán o eixo central da conferencia. Tamén nos explicará como o feito de desenvolver hábitos rutinarios de actividade física mellora e fortalece o noso sistema inmunitario.

Nos seguintes enlaces atopares información interesante para entender mellor a conferencia.

Lecturas interesantes Mitos e lendas Os misterios do sistema inmunitario

 

 

O ritmo e a expresión e comunicación corporal

As posibilidades comunicativas, creativas e sociais que derivan do tratamento da Expresión Corporal, xustifican a importancia de traballar este bloque de contidos no marco escolar da Educación Física. A danza, formando parte da Expresión Corporal, preséntase como un contido con numerosos valores educativos que contribúe ao desenvolvemento da creatividade do alumnado, ao desenvolvemento das capacidades físicas e coordinativas, á mellora da expresión corporal, á socialización na aula e a unha educación rítmico-musical grazas ao coñecemento, práctica e valoración de diferentes tipos de bailes. O obxectivo principal deste traballo é presentar o contido danza dentro da Expresión Corporal no marco da Educación Física, incidindo nas posibilidades que ofrece para o traballo, desenvolvemento e mellora da socialización na aula e da capacidade creativa do alumnado a través do baile. (Inmaculada Gª Sánchez, revista "efDeportes.com")

Esta unidade didáctica está incluída dentro do proxecto "Cómicos e saltimbanquis" que culminará en febreiro coa creación da comparsa para o Entroido onde o ritmo e as actividades circenses teñen un protagonismo singular.

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut