Skip to Content

Descubrindo o Galiñeiro. Maio 2023

O venres 12 de maio, o alumnado de 5º, as súas familias xunto cos seus mestres e mestras gozamos dunha xoranda tan intensa como gratificante.

Tratábase da fase práctica do proxecto "Descubrindo o norte" que, como é habitual, desenvólvese na serra do Galiñeiro. Nesta ocasión contamos coa colaboración da Comunidade de montes de Vincios, que da man de José Taboada e Basilio Vila ofrecéronnos  unha ampla visión dos aproveitamentos do monte así como todos os traballos que se desenvolven para intentar recuperar o monte despois dos incendios de 2017. O noso alumnado seguíu con atención toda a información facilitada polos comuneros relativa aos proxectos de "absorción de carbono" así como o traballo desenvolvido por esta comunidade de montes para achegar a auga aos veciños de Vincios. E todo iso dun xeito onde o coidado ao medio ambiente prima por enriba de todo.

Xa pola tarde, as familias xunto cos seus nenos e nenas participaron nunha carreira de orientación nas inmediacións do merendeiro. Finalmente o alumnado dirixíu unha visita guiada cara as súas familias pola zona arqueolóxida "Auga da Laxe".

Galería fotográfica

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR OU BULLYING

Aquí tedes as actividades realizadas para a celebración do 2 de maio. O noso lema deste ano "BÚSCANSE VALENTES CONTRA O ACOSO"

 

GALERÍA FOTOGRÁFICA (PINCHA NO DEBUXO)

 

Concurso Caricatura Francisco Fernández Del Riego

COLORÍN COLORETE

No día do Libro, viu a nosa biblioteca a contarnos os nenos e nenas de Primeiro, Sara Juncal (a nai de Ariadna de 1º) o conto de Clementina pero dunha forma moi especial :)

GALERÍA FOTOGRÁFICA

 

A botella Antiga dos Poulos da casa da avoa Pili

 

 Premendo na imaxe conocederes a historia :)

Descubrindo o norte. Xornada no Galiñeiro

O alumnado de 5º xunto coas súas familias e os seús mestras e mestres compartirán unha xornada formativa, cultural, deportiva e lúdica o vindeiro venres, día 12 de maio na Serra do Galiñeiro (zona do merendeiro). Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto , así como algunhas orientacións básicas e o itinerario para poder chegar ao punto de reunión. Esta actividade pertence ao proxecto Descubrindo o Norte, incluído no Plan Proxecta.

como chegar

Como chegar

Recomendacións Programa

Información

interesante

Previsións

meteorolóxicas

SEMANA DO LIBRO

Na semana do libro fixemos unha viaxe moi especial "A volta ó mundo en 80 libros". Ler un libro é como realizar unha viaxe, e este ano quixemos que os nenos e nenas do colexio poidan coñecelo sen moverse da biblioteca. Ademáis fixemos un bibliopicnic onde lemos todos os días no recreo e un mercadillo de libros :)

 

Galería fotográfica

 

 

 

Xogos murais de Vigo 8M

Compartimos convosco as fotos que enviaron o noso alumnado e familias, na procura dos murais de Vigo adicados ás mulleres traballadoras. Moitas grazas pola vosa participación familias!

 

SAÍDA Á ILLA TORAIA 4º

Aquí deixamos unhas fotografías de 4º ( pinchando na fotografía) que foi o pasado mércores ó xacemento da illa de Toraia ;)

 

 

Galería fotográfica.

Illa Toraia 4º

 

 

 

 

Xornada lúdico-deportiva intercentros en Donas.

O deporte de orientación e o desenvolvemento de conductas sociomotrices son elementos identifican o proxecto "Descubrindo o norte".

Hoxe, o alumnado de 4º de primaria do noso colexio desenvolveu a fase práctica do proxecto en Donas xunto cos seus coetáneos do colexio anfitrión, o CEIP Souto Donas e os colexios de Sabarís, do concello de Baiona e Humberto Juanes, do concello de Nigrán.

A pesar de algún contratempo por cuestións loxísticas e da climatoloxía, a xornada foi unha festas deportiva e lúdica na que rapazas e rapaces gozaron e compartiron deportes e xogos poñendo en valor todos os aspectos positivos inheretes tanto nos xogos como nos deportes.

Galería fotográfica

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut