O pasado xoves, 18 de marzo, o alumnado de 3º de primaria entrevistou por videoconferencia ao televisivo profesor da Facultade de Física da USC Jorge Mira Pérez.
Algunhas das preguntas, preparadas polo propio alumnado e referidas ao universo e á natureza, foron as seguintes:
- Que pasaría se un misil chegase ao sol?
- Que hai dentro dun burato negro?
- Por que son malas as velutinas?
- Por que te fixeches científico?
Tedes fotos desta sesión nas Galerías. E a noticia, na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.