Skip to Content

A prensa do Deza

NOVAS DE NADAL

Los alumnos de 5º y 6º escriben noticias para el Periódico Escolar –  COLEGIO NTRA SRA DEL ROSARIO PORZUNA (Ciudad Real)

Nestes días, fixémonos de novo un oco nos xornais do Deza coas nosas actividades de Nadal:

- A chocolatada da ANPA na Voz de Galicia.

- Chocolatada e elfos no Faro de Vigo.

GAÑADORES/AS CAMIÑO CIRCULAR

Inicio - Camino Circular
Esta é a listaxe dos gañadores/as do noso centro no concurso A Estrada Creativa - Eu como con ollo, e ti?
 

Modalidade Debuxo:  

4º curso

Luján Otero Calvelo.

1º Curso

Ares Pego Barreiro. 

6º de infantil

Hugo Lorenzo Aller.

5º de infantil

Martín Pardal Carballeda. 

4º de infantil:   

Álex Ferrero Santos 

Manuel López Sobrino 

Marcos Guimarey García 

Sofía Berdullas Gómez 

 

Modalidade Poesía: 

5º curso:  

Brais Guerra Baños. 

2º curso

Manuel Valencia Alonso.

 

Modalidade Relato: 

6º curso

Saúl Otero Calvelo.

5º curso

Rosalía Mazás Sebio.

Proximamente entregaranse os diplomas aos gañadores/as.

Parabéns a todos/as!

- Faro de Vigo.

NOS XORNAIS

Nos xornais de hoxe atopamos a noticia da visita ao centro do club de tenis de mesa Topspin:

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

XOGOS POPULARES

IMG-20211119-WA0033.jpg

Esta semana continuamos cos xogos populares do Magosto. Durante os recreos e na área de Educación Física gozamos dos 25 xogos tradicionais elaborados de xeito artesanal que nos presta desinteresadamente o concello do Grove.

Grazas pola iniciativa.

Pasádevos pola Galería para ver todas as fotos.

- La Voz de Galicia.

Á CARREIRA

A prensa local de hoxe ilustra con fotografías do noso alumnado a noticia do campionato zonal de campo a través celebrado hoxe na Estrada.

 Alumnado de 4º no Faro de Vigo.

 

Alumnado de 5º en La Voz de Galicia.

Tedes todas as fotos das carreiras nas Galerías.

- Clasificacións A Estrada 11 novembro 2021.

ABRÍU O COMEDOR

O Faro de Vigo recolle a noticia do comezo no centro do servizo de comedor, organizado pola ANPA.

SAMAÍN

 

Este ano celebramos o SAMAÍN con múltiples actividades:

 

  •  Exposición de cabazas

 A partir do luns os nenos e nenas trouxeron ao colexio cabazas talladas e decoradas. Expuxémolas na entrada e cada aula puido ver estas marabillosas creacións.

 

               IMG-20211030-WA0026.jpg

 

  •  Decoramos o colexio

Cada aula decorou a súa entrada da clase con murais do Samaín.

 

IMG-20211030-WA0046.jpg IMG-20211030-WA0048.jpg  IMG-20211030-WA0043.jpg    IMG-20211030-WA0042.jpg

IMG-20211030-WA0041.jpg     IMG-20211030-WA0040.jpg

   

  • Investigamos o Samaín

Este ano seguindo coa temática do proxecto deste curso: A VOLTA AO MUNDO EN 80... traballamos os "samaíns" de varios países, comezando por Galicia, Irlanda, Estados Unidos e México.

          IMG-20211027-WA0020.jpg

 

  • Intercambio de Postais

Este ano fixemos intercambio de postais do Samaín co colexio Pérez Viondi, tamén enviamos unha postal vía dixital a todos os demais colexios do concello.

Estas postais foron as que nos enviaron:

  

                 

 

Estas foron as nosas: 

 

  •  IMG_20211028_183210.jpgIMG_20211028_183518.jpg

                          

 

  • Merendas terroríficas

O venres, para celebrar o Samaín trouxemos ao colexio unhas merendas un tanto especiais.

                       IMG_20211029_100440.jpg

 

  • Contacontos

Tivemos sesión de contacontos a cargo dos máis maiores do colexio.

Os alumnos de 5º elaboraron uns contos de medo e contáronllelo aos demais cativos do colexio.

 

               IMG_20211029_124440.jpg

Os nenos e nenas de 6º adaptaron un conto e teatralizárono.

             

  • Baile

Despois das sesións de contacontos, o tempo atmosfério deunos unha tregua e  puxémonos a bailar no patio cancións do Samaín. 

               IMG-20211030-WA0031.jpg

 

PLÁTANOS POR LA PALMA

Nenos e nenas do CEIP Manuel Villar Paramá trouxeron onte para o taco de media mañá cadanseu plátano como mostra de solidariedade e apoio ao pobo canario nestes días tan tráxicos para a illa de La Palma.

Ata houbo quen se ataviou cunha camiseta en homenaxe a Canarias.

- La Voz de Galicia.

O NOSO COLE NA PRENSA

Formación sobre coronavirus en el CEIP Villar Paramá. La doctora Eva García, coordinadora de los equipos Covid de los centros educativos de A Estrada, visitó ayer el CEIP Manuel Villar Paramá, de Souto de Vea, para impartir unas charlas sobre el coronavirus a todo el alumnado, separado por grupos de convivencia. De una forma lúdica y divertida, aprendieron la manera correcta de lavar las manos, de manipular la máscara, de mantener la distancia de seguridad y, en definitiva, de protegerse contra el virus.

11/11/2020: Charlas sobre o coronavirus no cole. Faro de Vigo.

01/11/2020:

O noso Samaín na Voz de Galicia e no Faro de Vigo

03/11/2019: La Voz de Galicia recolle na súa edición de hoxe a celebración do Samaín no noso centro.
Distribuir contido


by Dr. Radut