Skip to Content

A prensa do Deza

"A NENA", NA PRENSA

O noso cole destaca na prensa de hoxe coa noticia do 1º premio no Ourense Film Festival (OUFF) á curtametraxe A nena. Premede nas ligazóns para acceder á noticia nos xornais:

E, por se aínda non vistes a curta, aquí podedes gozala:

CAMPIONATO ZONAL CAMPO A TRAVÉS

Lecciones de deportividad

Onte, 11 de outubro, o noso alumnado de 2º a 6º de primaria participou no campionato zonal de campo a través.

Parabéns a Celia, a Irene e a Valentina pola medalla e  diplomas!

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

- Galería de fotos.

VISITA DO PRAÍÑA SPC

IMG-20230619-WA0030.jpg

Hoxe recibimos no centro a visita de dous adestradores do Praíña Sporting Club de Teo.

O alumnado de infantil e primaria probou durante media hora tarefas de iniciación para xogar ao fútbol.

Se lles apetecer continuaren adestrando, levan información na mochila para unirse ao club.

Agradecémoslles aos monitores a súa visita, coa que os nenos e nenas o pasaron de marabilla.

Faro de Vigo

Galería de fotos

MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

IMG20230615113410.jpg

Este xoves, 15 de xuño, todo o alumnado do centro viaxou á Coruña para visitar os museos científicos interactivos: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

O obxectivo foi ofrecerlles aos nenos e nenas, ademais dunha xornada de convivencia, estímulos e recursos para incorporaren a ciencia á súa cultura e para comprenderen mellor o mundo no que vivimos.

Galería de fotos.

Faro de Vigo.

TENIS DE MESA

IMG-20230617-WA0067.jpg 

Este mércores tivemos a sorte de contar cos profes encargados da escola de tenis de mesa do concello da Estrada.

Todo o alumnado pasou durante media hora polo pavillón do centro para iniciarse neste deporte.

Estades convidados/as a pasar polo seu local situado en Sala Gradín, de luns a xoves de 16:45 a 21:00 h, durante o mes de xuño. En setembro volven para reiniciaren a actividade.

Se queredes anotarvos, non dubidedes en chamar a Ramón ao 607 725 189.

Pequenos/as e maiores pasárono xenial!

Galería de fotos.

Faro de Vigo.

ESCOLA DE FAMILIAS

IMG-20230524-WA0059.jpg

O diario Faro de Vigo recolle a noticia da creación no noso centro da escola de familias, que inauguramos con dúas charlas, de dúas horas de duración cada unha, no noso salón de actos, nas dúas últimas semanas de maio.


A primeira charla, a cargo da doutora Eva García, pediatra do centro de saúde da Estrada, tratou sobre a familia como motor de cambio na nutrición infantil.

A segunda, dirixida pola psicóloga e mediadora Jeniffer Herbón, de ConVive+, versou sobre o acompañamento aos nosos fillos/as no uso das novas tecnoloxías.

Resultaron charlas moi amenas e interesantes, organizadas polo CFR de Lalín.

ATLETISMO EN CUNTIS

IMG-20230529-WA0010.jpg

O venres 25 de maio participamos co alumnado de 5º de primaria nunha xornada deportiva e lúdica relacionada co atletismo e organizada pola Agrupación Deportiva da zona da Estrada e Cuntis no estadio da Ran. Alí gozaron dunha mañá de convivencia e fomento da vida activa.

- Fotos.

- Faro de Vigo.

FESTIVAL DE CANS

Este martes 16 de maio, acudiu ao Festival de Cine de Cans, en Porriño.

O noso colexio estivo representado pola curta "Un conto cheo de lobos".

Alí fixemos un roteiro polas prazas, ghalpóns e leiras máis significativas do festival. Ademais tivemos un visionado de curtas, na que nós explicamos como foi o proceso de realización da curta.

FOI UNHA EXPERIECIA INESQUECIBLE!


- La Voz de Galicia.

 

VIDEOCONFERENCIA SAÚDE ORAL INFANTIL

IMG20230508101106.jpg

Hoxe, 8 de maio, o alumnado de 1º ata 4º de primaria mantivo unha videoconferencia cunha dentista do Colexio de Dentistas da XI Rexión (Pontevedra-Ourense).

A charla enmárcase na Campaña de Saúde Oral Infantil do Consello Xeral de Dentistas de España, dirixida aos menores de entre 6 e 10 anos de idade de todos os centros escolares deste país.

Durante os meses de abril e maio, dentistas de toda España danlles charlas nos centros educativos aos menores, cun contido adaptado para a súa idade e con mensaxes de alimentación e hixiene básica, co fin de fomentaren hábitos saudables na poboación infantil, que de certo redundarán nun mellor benestar no seu futuro.

Ademais, xunto con estas charlas, facilitan fichas pedagóxicas para que, finalizada a exposición, se poida continuar coa formación nas propias aulas por medio de xogos co alumnado.

- Galería de fotos.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

FOTOGRAFANDO RUTA DOS CRUCEIROS

O venres 28 realizamos a ruta dos cruceiros.

Partindo dun libro elaborado por antigo alumnado do colexio que fora dirixido por Olimpio Arca (editado pola A.C. Vagalumes), creamos o noso propio libriño de actividades, centrándonos só nos cruceiros máis próximos ao colexio, o cruceiro de Cora, o da Gándara e o de Santa Cristina.

Á súa vez quixemos resaltar tamén o noso pratrimonio máis enxebre, tanto material como inmaterial. Polo que nos propuxemos fotografar todo o que iamos atopando polo camiño e consideramos que nos é propio, vernáculo e que nos representa como pobo.

 

 

- Faro de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut