Skip to Content

Escolares

Canción de outono

Os nenos e nenas de primeiro temos o pracer de presentarvos esta canción do outono que aprendimos co gallo da celebración do magosto. Agardamos que vos guste! 

Tempo de castañas - Magosto 2022

Outro ano máis celebramos o tradicional magosto no noso cole. Organizamos unha mañá de xogos tradcionais para todo o alumnado do centro. Despois comemos CASTAÑAS e que boas estaban!

Velaí unha pequena mostra.

Gañadores/as Concurso de cabazas

Unha vez máis o alumnado do CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira amosou as súas dotes artísticas na decoración de cabazas relacionadas co tema da auga. O xurado (alumnado do centro e profesorado) tivo moi difícil a escolla polo alto nivel de creatividade dos/das participantes.

Parabéns aos gañadores/as deste IV Concurso de cabazas: Erik, Gael e Mía e grazas a toda a comunidade educativa por participar.

 

Día da biblioteca escolar

O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar e non atopamos mellor maneira de facelo que inaugurando o Apadriñamento Lector agora que xa podemos estar todos xuntos. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria son os padriños e madriñas do alumnado de educación infantil e de 1º de primaria. Para esta actividade os padriños e madriñas escolleron, cos seus afillados e afilladas correspondentes, un libro para ler nos diferentes recunchos da biblioteca e das aulas. Logo da lectura fixeron un debuxo sobre o que máis lles gustou do libro e con todos eles elaboramos un fermoso mural.

Gozamos dunha agradable e divertida sesión pois o apadriñamento lector é unha experiencia fantástica para o fomento da lectura que ademais fai que os nenos e nenas creen uns lazos afectivos que non deixan indiferente a ninguén.

Así de ben o pasamos!


IV CONCURSO DE CABAZAS

BASES DO CONCURSO

1. Poden participar tódolos alumnos/as do centro.

2. Data de entrega do 24 ao 27 de outubro.

3. O xuri estará composto polo alumnado do centro e os equipos de EDLG e biblioteca.

4. A temática das cabazas será relacionada coa AUGA.

PREMIOS

Premio á mellor cabaza de Educación Infantil

Premio á mellor cabaza de 1º a 3º de Educación Primaria

Premio á mellor cabaza de 4º a 6º de Educación Primaria

40 things about us

Do you really know us? Here you have a video to check how much you knew  (or didn't know)! We hope you enjoy this 40 things about us video. Bye!

Podcast: As vacacións de verán

Os nenos e nenas de 1º e 3º de Educación Primaria estreáronse no mundo dos podcast falando sobre as súas vacacións de verán. Escoitádeo no seguinte enlace, parecen profesionais!

Descubrimos o cine cos Bolechas!

Hai inventos que cambiaron para sempre a vida da xente de todo o mundo. Un deles foi o cinematógrafo, que inventaron dous irmáns franceses: os irmáns Lumière. No CEIP das Vendas da Barreira fixemos un traballo sobre estes irmáns e o seu invento. O noso alumnado neste capítulo vainos contar cousas moi interesantes sobre todo o relacionado cos inicios do mundo do cine.
Velaí o capítulo emitido na CRTVG o pasado 18 de xullo de 2022.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/ceip-das-vendas-de-barreira-5751470

Ópera nas Vendas

O pasado venres, tanto o persoal do centro coma o alumnado fomos convidados a un concerto moi especial.

O alumnado de 4°, 5° e 6° de Educación Primaria, baixo a dirección de orquestra da mestra Carmen, agasalláronnos coa interpretación da obra Carmen de Georges Bizet.

"Avecíñanse cambios..."

Neste curso que está próximo a rematar vivimos moitas emocións e tanto os/as pequenos/as, coma as familias e o profesorado sabémolo ben. Hai un paso moi importante que os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil están a piques de dar: este é o seu último ano con mandilóns! O próximo ano comezarán unha nova aventura en 1º de Educación Primaria.

Para manter unha continuidade entre ambas etapas, as familias e a titora reunímonos para falar da gran evolución destes cativos, que son INCRIBLES e que traballan moi ben, ver o novo espazo e falar dalgunhas pautas interesantes para manter no verán e de cara ao próximo curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut