Skip to Content

Escolares

Fruits

We eat a lots of fruit so we wanted to sing a song to demonstrate all the fruits we know.

Nas rotativas

Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria convertémonos en xornalistas de primeira categoría para achegarvos as novas de última hora. Non perdades detalle, comeza o telexornal!

A clase de ciencias

Ao longo destes meses nas materias de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, o alumnado 4º, 5º e 6º elaborou diferentes maquetas e tamén investigou e experimentou coas propiedades da materia e coa electricidade.

Velaquí tedes un resumo do seu magnífico traballo. Parabéns a todo o grupo pola súa motivación e dedicación nas actividades propostas.

 

Día da Non Violencia e da Paz

O luns 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 

Desde o CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira queremos promover a paz nas relacións cos demais. 

O alumnado do centro elaborou un mural con palabras en prol da paz, leu contos relacionados coa temática e rematou a xornada coa lectura de poemas con mensaxes con desexos de paz, tolerancia, igualdade e de solidariedade posto que cremos firmemente na necesidade dunha sociedade que fomente o valor da paz. 

Agradecemos ao alumnado o entusiasmo e ao profesorado a colaboración neste día. 

Contacontos con Sabela Gago

O pasado xoves 26 de xaneiro recibimos a visita de Sabela Gago, unha gran actriz e marabillosa contacontos, que nos convidou a soñar coa nosa imaxinación. 

Sabela trouxo consigo contos cargados de aventuras e emocións. Todo o alumnado e profesorado gozamos moitísimo! 

Foi unha divertida viaxe a través da nosa imaxinación. Se podes imaxinalo, podes crealo. A lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevamos a imaxinar. 

Grazas Sabela por contaxiarnos o teu amor polos libros viaxando coa imaxinación. Foi unha xornada fantástica! 

Desexos de Nadal

A maxia do Nadal comeza cando, dentro dun cole coma o noso, pequenos e maiores se mesturan para escribir os seus desexos de Nadal.

Nós compartimos este momento tan fermoso onde a ilusión enche as nosas aulas e a entrada do cole porque a mellor mensaxe de Nadal é a que sae do silencio dos nosos corazóns e quenta con tenrura o de todas esas persoas que nos acompañan na nosa viaxe pola vida.

BO NADAL!

Podcast do Nadal

Despois dun arduo traballo de investigación, os nenos e nenas de 1º e 3º gravamos un podcast con algunhas das nosas tradicións á hora de festexar o Nadal. Non volo perdades!


English Christmas carols

Come and check these videos we've recorded for Christmas! 

25N: A violencia de xénero encadéanos

Este 25-N no CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira puxémonos mans á obra para crear as nosas gafas violetas feministas. Unha vez listas tocou abrir ben os ollos para ler as mensaxes tan obvias, que, ás veces, sen as gafas, non podemos ver. Despois o noso alumnado escribiu esas mensaxes para que todo o mundo as poidese ler. 

Un ano máis participamos no concurso de debuxo organizado pola Mancomunidade Conso-Frieiras no que resultaron gañadores Gael, Ysabella, Andrés e Tania. 

Ás 11:30 horas na biblioteca do cole visualizamos o vídeo: O chuvasqueiro de Aurora da autora María Márquez. Despois reflexionamos sobre os sentimentos e impresións que lles xurdiran. 

Ao rematar os nenos e nenas do cole elaboraron unhas láminas con mensaxes rexeitando a violencia de xénero. Fixeron tamén unha cadea de papel para por de manifesto que a violencia de xénero encadéanos. Aquí vos deixamos unha pequena escolma dos traballos realizados co obxectivo de dar visibilidade á loita contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo. 

The pencil case song

Let's learn the correct pronunciation of "In my pencil case song" vocabulary and let's identify and name different objects in a pencil case. 

Distribuir contido


by Dr. Radut