3º ciclo

Proxecto "Lanzadeiras"

O alumnado de 6º está que non para!

O luns 27 de marzo participaron nun taller para fomentar a implantación da cultura emprendedora, impartido por Modesto Gómez,  quen de xeito moi ameno conseguíu contaxiarnos da súa ilusión.

Este taller, parte do proxecto de Eduemprende, enmárcase dentro do programa Lanzadeiras,  creado para o desenvolvemento de miniempresas educativas en centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na provincia de A Coruña. 

SEGUNDA SESIÓN COA GARDA CIVIL

Hoxe tivo lugar no colexio a segunda charla coa garda civil para o alumnado de 5º e 6º dentro do denominado "Plan Director para a mellora da seguridade nos centros". Esta vez o tema foi a VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

Charla Benigno Pereira

Este mércores tivemos a sorte de contar con Benigno Pereira, xerente de Queixerías Bama e Bodegas A Corga.  Explicounos como naceron as súas empresas, como é o traballo diario, a organización  dos distintos departamentos... e como non,  as claves para o seu éxito: cooperación, traballo en equipo, liderazgo, responsabilidade, moitas das aptitudes que estamos traballando na aula co  noso proxecto HORTOCOL. Gracias Benigno e ata a próxima.

 

CHARLAS GARDA CIVIL

Comezamos as charlas da Garda Civil, que xa se veñen realizando no colexio dende hai uns anos, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. É o denominado Plan Director para a mellora da seguridade nos Centros educativos e os seus entornos. Esta primeira sesión tratou sobre o uso das novas tecnoloxías.

 

MARGERY KEMPE, PEREGRINA BRITÁNICA DO S. XV

O noso concello quere lembrar neste ano a unha muller moi especial pola súa valentía. Por qué valente? Pois resulta que estamos a falar da ÚNICA MULLER QUE PEREGRINOU A SANTIAGO POLO CAMIÑO INGLÉS NO SÉCULO XV (polo menos que nos saibamos). Estivo en Sigüeiro no ano 1.417 cando ía cara Santiago e tamén á volta. Sabemos que era británica e que tivo 14 fillos. O concello organizará diferentes actos relacionados con esta peregrina baixo o título "600 anos en lembranza de Margery Kempe". E para quentar motores, unha unidade didáctica que nos presentaron no cole a concelleira de educación Beatriz Rodeiro e o autor da mesma Cristobal Ramírez. Esta inclúe entre outras actividades un concurso con dous premios para algúns dos nosos nenos ou nenas, nada menos que unha tableta e unha cámara gopro. 

RECICLAXE E DIVERSIÓN!

Despois de pasar estas merecidas vacacións volvemos á actividade no cole.

Seguro que Papá Noel e os Reis Magos viñeron cargadiños para Sigüeiro, aínda que tiveron moita competencia co alumnado de 6º curso do CEIP de Sigüeiro.

Estiveron a traballar o tema da importancia da reciclaxe e tomaron boa nota.

Fixádevos que pouco fai falta para crear xoguetes divertidos e creativos co material de refugallo.

Cremos que xa teñen algunha encarga para o ano que vén!!!

 

 

ENTREGA DIPLOMAS MEDIACIÓN

Este venres tivo lugar a entrega de diplomas das sesións de mediación levadas a cabo ao longo destes meses. Foi a psicóloga Montse Lata a encargada de facelo e estivo acompañada pola concelleira de educación Beatriz Rodeiro así como polo orientador do centro e a directora.

   

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

Hoxe, 15 de decembro, no CEIP de Sigüeiro contamos coa presenza do escritor e xornalista Héctor Cajaraville. Moitas grazas pola visita!!!

   

 

DIEVCM, 25 DE NOVEMBRO

Desde o CEIP de Sigüeiro tamén dicimos NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!