3º ciclo

Plantamos espinacas

O noso invernadoiro segue medrando. Desta volta, os alumnos/as de 5º plantaron unhas espinacas. Mirade que bonitas...

  

As nosas castañas convértense en castiñeiros!!!

Que ilusión! Cada día seguimos a evolución das nosas castañas converténdose pouco a pouco en castiñeiros. Agora xa teñen talo e algunha folla. Medímolas coa regra e anotamos as medicións para levar a cabo un seguimento.

   

2ª Charla da Garda Civil

O venres 9 de marzo, tivo lugar no salón de actos do noso centro outra das charlas que ofrece a Garda Civil dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos". Nesta ocasión, a temática xirou arredor da violencia de xénero. Falamos de cuestións tan importantes como o respecto, a confianza, os celos... e comprendemos que mozos e mozas somos iguais e temos os mesmos dereitos.

Cleo ensínanos a programar en scratch

Hoxe, día internacional da muller, unha alumna de 6º, muller importante onde as haxa, ensinounos programación básica con scratch. 

 

Moitas grazas Cleo por achegarnos un pouco máis o mundo da programación e da robótica. Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Robótica (E. Primaria)

Presentacións Día da Muller

Con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora, dúas alumnas de 6ºB prepararon e expuxeron sendas presentacións sobre o tema. Aquí volas deixamos. Bo traballo rapazas!

1ª Charla da Garda Civil

Sabedes que é o "sexting", como usar as RRSS (redes sociais) con seguridade ou os perigos de internet? O alumnado de 5º e 6º de Primaria xa o sabe grazas á charla de Óscar, o garda civil que nos acompañou o pasado venres. 

Fíxonos reflexionar acerca do número de seguidores das RRSS que non coñecemos persoalmente e cos que estamos compartindo imaxes ou informacións que poden poñernos en perigo a nós mesmos e tamén ás nosas familias. Pareceunos unha charla moi interesante e productiva. 

E o próximo venres falaremos doutro tema de moito interese tamén como é a violencia de xénero.

Saída ao MUNCYT

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxou en autobús ata a cidade da Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), pero antes unha paradiña para merendar e estirar as pernas nunha das paraxes máis fermosas e cheas de historia e mitoloxía da nosa terra, a Torre de Hércules.

Despois visitamos o MUNCYT. Por grupos, tivemos que resolver diferentes cuestións buscando nos paneis de información de cada obxecto alí exposto. Foi moi divertido e aprendemos unha morea de cousas. Pero o que máis nos gustou foi entrar dentro da cabina do Boeing 747. Os asentos de primeira clase tiñan un teléfono e ata un televisor individuais! Algúns pensamos que de maiores nos gustaría ser pilotos! 

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Saída ao MUNCYT 5º e 6º

Campionato Provincial de Campo a Través

O pasado 3 de febreiro a alumna Laura García Ruíz de 5º de primaria participou no Campionato Provincial de Campo a Través celebrado en Culleredo (A Coruña).

A proba tiña unha distancia duns 1200m. aproximadamente e Laura executouna de maneira moi intelixente dosificando as súas forzas a pesar da dureza do terreo e das inclemencias do tempo, rematando cun final magnífico onde recuperou moitos postos finalizando nun meritorio 11º posto.

Noraboa Laura!! E noraboa tamén a todos os/as paticipantes das fases anteriores.

Verémonos en próximos encontros.

 

Interviewing a pilgrim from Alaska

Hai uns días tivemos o pracer de coñecer a Jamie Ginn, unha peregrina de Alaska que está a facer o Camiño Inglés. Ao seu paso por Sigüeiro, visitou o noso colexio e o alumnado de 6º de Primaria tivo o pracer de entrevistala. Contounos unha morea de cousas sobre o seu país, as súas viaxes, a experiencia da facer o camiño... 

A ela encantoulle a nosa escola, alucinou con todo o noso traballo arredor dos libros de Harry Potter e coa nosa habilidade para aprender tantas linguas e o ben que nos manexabamos en inglés. Pola nosa banda, sobra dicir que tanto nenos/as coma profes quedamos encantados. Foi unha xornada fantástica entrevistándoa en inglés e aprendendo un montón de cousas sobre a súa cultura.

 

Pronto subiremos o video da entrevista. Jamie quedou en enviarnos algunhas fotos da súa chegada a Compostela e tamén de Alaska cando volva a casa. E o prometido é débeda. Esta é a foto da súa chegada á Praza do Obradoiro e tamén nos deixou esta mensaxe: 

Hello my friends! Thank you so much for inviting me to your school, you can’t imagine what that meant to me. Maybe someday you will invite me back again. Here is a picture of me finally reaching Santiago. Now, I am on my way to Muxia. After that I will head to Portugal and then back to Alaska. I will send you some pictures of Alaska when I get home. Thanks again, the pleasure was mine. Jamie

 Moitas gracias por todo Jamie. Thank you very much. We really appreciate it!