Hoxe o alumnado do 3º ciclo estivo na horta preparando todo para comezar a usar o invernadoiro. Colocaron o plástico, sacharon e aboaron a terra e xa plantaron as primeiras leitugas.
Hoxe o alumnado do 3º ciclo estivo na horta preparando todo para comezar a usar o invernadoiro. Colocaron o plástico, sacharon e aboaron a terra e xa plantaron as primeiras leitugas.
Este venres, parte do alumnado do CEIP de Sigüeiro achegouse ata a oficina de Correos da vila para non esquecerse dunha tradición propia desta época do ano e que, coa chegada das novas tecnoloxías, está quedando en desuso. Trátase do envío de postais de Nadal.
Previamente na aula, o noso alumnado preparou cadansúa felicitación de Nadal, colocouna nun sobre escribindo o destinatario e o remitente e pegou o selo correspondente. Xa na propia oficina, depositaron os sobres nun buzón especialmente preparado para a ocasión. Os seus desexos para este Nadal chegarán próximamente aos seus destinatarios.
O alumnado de 5º elaborou estes preciosos lapbooks sobre as plantas. Pero non só iso, despois pasou por outras aulas expoñendo todo o aprendido. Velaquí o resultado de tan fermoso traballo.
A seguir así!
Este venres, 3 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria desprazámonos a Santiago para asistir a unha exposición de arte e a unha obra de teatro na Fundación e no Auditorio A Banca.
Na exposición, aprendemos que a arte se manifesta de moitas formas diferentes, que coa aparición da fotografía a arte comezou a explorar o abstracto, que moitas obras que a primeira vista semellan abstractas en realidade non o son ou o que nos transmiten as diferentes cores dunha obra. Tras recorrer as súas salas e observar cadros de diferentes pintores, chegou o momento de converternos en artistas e compoñer poemas visuais con imaxes do día a día.
Máis tarde desprazariamonos ao Auditorio, onde asistiriamos a representación dunha obra de teatro na que o seu protagonista, Teo, nos ensinou como afrontar os problemas do día a día grazas aos mitos gregos de Teseo e o minotauro, Narciso e o seu reflexo, as aventuras de Hércules ou as ás de Ícaro. Pero o que máis nos gustou foi cando os actores se converteron en rapeiros e cantaron arrancando os aplausos de todos nós.
Foi moi divertido! Máis fotos na Galería de Imaxes.
Este curso estamos desenvolvendo unha proba piloto de aprendizaxe con tablets coa editorial dixital Snappet. O alumnado de 5º e 6º de Primaria aprende Matemáticas, Lingua, Ciencias ou Inglés coa axuda desta ferramenta.
O martes 10 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 5º e 6º de E. Primaria. Agardámosvos.
Remata o noso paso polo colexio, emprendemos outro camiño. Algúns seguiremos xuntos, pero outros separarémonos. Sabemos que este momento non se vai repetir e nada mellor que un xantar xuntos. Aínda que estabamos moi emocionados polas despedidas, pásamolo moi ben. A comida super rica; pizza, churrasco e xeado. E para acabar un baile. Adeus CEIP de Sigüeiro!!!
Hoxe o alumnado de 6º fixo unha gran labor solidaria. Tiveron a boa idea de donar 50 € que obtiveron coa última venda de produtos da nosa horta a Cáritas. E ao cole acudiu Elena, a administradora de Cáritas en Sigüeiro, para recibir de man dos nenos e nenas o cheque, que aínda que contiña unha pequena cantidade, estaba cargado de ilusión. Tamén estivo presente Bea, a Concelleira de Educación e Benestar Social. Elena falounos das moitas obras que fan dende Cáritas e da moita xente que hai necesitada, incluso nos contou que hai quen ten que durmir no coche por non ter casa.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |