2ª parte da entrevista realizada a Jamie Ginn, a peregrina de Alasca que visitou o noso cole.
3º ciclo
Experimentando coas densidades
O alumnado de 5º de Primaria está estudando os conceptos de densidade e viscosidade nas clases de ciencias. Mesturaron nunha botella diferentes líquidos (aceite, mel, xabrón líquido, auga, alcohol...) e comprobaron cal era máis denso e tamén cal máis viscoso.
Despois ata se atreveron cun pequeno experimento para intentar facer unha lámpada dun volcán. E, aínda que o primeiro intento resultou fallido, pois ata os mellores científicos teñen que facer varias probas ata lograr o ansiado obxectivo, explicárono de marabilla neste video que vos presentamos.
3ª Charla da Garda Civil
O pasado venres 27 de abril tivo lugar no noso colexio a 3ª das charlas da Garda Civil dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos" dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.
A temática nesta ocasión era o bullying ou acoso escolar. Coma sempre, a charla, os materiais e as actividades que nos preparou Óscar fixéronnos reflexionar moito: como se sente unha vítima, o papel importante das testemuñas, como actuar, a quen acudir...
O vindeiro 29 de maio está programada unha charla sobre este e outros temas para as familias.
STEMlab Galicia
Hoxe o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ao palacio de Congresos de Santiago para participar na 1ª feira #STEMlab. Ademáis de coñecer ao único astronauta español en viaxar ao espacio, Pedro Duque, visitamos os stands de diferentes centros educativos galegos que desempeñan proxectos arredor das disciplinas STEM (Science, Technology, Engineering and Maths). Robótica, programación, viaxes espaciais, impresión 3D, edición de videos con pantallas de chroma... Foi unha xornada moi divertida. #eusonSTEM #nóssomosSTEM
Plantación de carballos e castiñeiros
Despois da plantación que fixemos no patio do noso colexio, hoxe tocou contribuír a reforestar o entorno do Camiño Inglés. Por iso o alumnado de 6º de E. Infantil e tamén o de 6º de E. Primaria desprazouse ata un tramo do camiño preto do polígono industrial de Sigüeiro para colaborar na plantación de especies autóctonas. Plantáronse un total de 24 árbores (entre carballos e castiñeiros) coa axuda de membros de Protección Civil.
Podedes ver fotos da xornada no seguinte álbum:
Sesións de robótica con 4º, 5º e 6º
As sesións de robótica avanzan e cada vez xa somos capaces de facer máis cousas. Os retos de programar os nosos mbots para que se despracen unha determinada distancia, logo paren, xiren facendo ángulos rectos, agudos ou obtusos, esquiven obxectos e continúen avanzando... xa non son nada complicados para nós. Pero as posibilidades de traballo en robótica son infinitas e as nosas ganas de aprender tamén, así que seguiremos resolvendo probas e retos.
O próximo 8 de maio as familias estades convidadas a asistir a unha charla sobre robótica e as súas aplicacións na educación.
Picasso y el Guernica
Un traballo dunha alumna de 6º sobre Picasso e unha das súas obras máis coñecidas: o Guernica.
Parabéns!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- seguinte ›
- última »