Infantil

CONTACONTOS KALANDRAKA

Comezamos o mes de Abril con un Contacontos. Hoxe visitounos Paco Nogueiras para contar e cantar uns contiños de KALANDRAKA ( ANIMAIS, ANIMAIS DA GRANXA, OS RATOS DA CASA, ELMER E BECHOS) Clica na imaxe para ollar algunha fotiño:

 

A mouteira e a frecha

Continuamos a nosa Guía do Camiño coas pescudas feitas polo alumnado de 5º de Infantil. Achégannos dous símbolos moi importantes para non perdernos no Camiño. Sabedes cales son? Fai clic na páxina de abaixo e descubriralo...

 

SAÍDA CAMIÑO DE SANTIAGO

Este xoves, día 24 de marzo, os nenos e as nenas de 5º de Infantil saíron a percorrer un tramo do Camiño de Santiago por Sigüeiro.

Estiveron acompañados por Cristina e Chema, da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Grazas ás súas explicacións, puideron coñecer datos e curiosidades sobre O Camiño, ver os diferentes sinais e visitar o Paseo dos Peregrinos Ilustres.

Como final inesperado, convidáronos a entrar no Albergue Camiño Real. Viron onde descansan os peregrinos e as peregrinas que fan parada alí e tamén selaron a credencial!

         

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Camiño de Santiago - 5º Infantil

A mochila do peregrino

Estás pensando facer o Camiño de Santiago? Pois non perdas a completa Guía sobre o camiño que está elaborando o noso alumnado. E para comezar, os alumnos de 4º de Infantil axudaranche a facer a mochila e meter nela o realmente imprescindible e necesario. Anímaste?

XORNADA DE PORTAS ABERTAS curso 2021-2022

08/03/2022 16:30

 

O vindeiro martes 8 de marzo de 2022, o noso centro abre as súas portas a todas as familias que estean interesadas en coñecer as nosas instalacións e servizos.

Premede na imaxe para máis información.

VISITA DO APALPADOR

Por fin chegou Noiteboa!

Estamos por aquí para contarvos que, nos últimos días de clase, tivemos varias visitas especiais. Queredes velo?

A primeira delas, directo dende a Serra do Courel... chegou o APALPADOR!

CORRELINGUA. CONTACONTOS DE VERO RILO.

Hoxe recibimos no cole, da man de Correlingua, a Vero Rilo. Unha gran contadora de contos que deixou ao profesorado e ao alumnado de 5º e 6º de infantil encantados. Contou diferentes historias como “Velliñas”, “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, “A vaca que puxo un ovo”... e diferentes contos  de tradición oral, deses que gardan un encanto especial ao conservarse, precisamente, por ter quen os conte, e ao mesmo tempo, quen os escoite para volver contar e así nunca se perdan, como por exemplo "Leite". Todos eles foron contados de xeito oral e acompañados de linguaxe de signos. Foi tal o pracer, que xa nos tarda volver escoitala.

Moitas grazas Vero! Moitas grazas Correlingua!

   

Reunións informativas alumnado de Infantil

06/09/2021 10:00

O luns 6 de setembro, terán lugar as reunións informativas para as familias do alumnado de Educación Infantil nas que se falará do período de adaptación e doutros temas de interese.

- 5 anos: Ás 10:00 no patio cuberto de Infantil. 

- 3 anos A: Ás 10:30 no Salón de Actos.

- 3 anos B: Ás 12:00 no Salón de Actos.

- 4 anos: Ás 12:00 no patio cuberto de Infantil.

Aproveitamos para dar a benvida aos novos alumnos e familias de 3 anos que se incorporan ao centro e lembrar que o curso arrancará o día 9 de setembro.