CORRELINGUA. CONTACONTOS DE VERO RILO.

Hoxe recibimos no cole, da man de Correlingua, a Vero Rilo. Unha gran contadora de contos que deixou ao profesorado e ao alumnado de 5º e 6º de infantil encantados. Contou diferentes historias como “Velliñas”, “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, “A vaca que puxo un ovo”... e diferentes contos  de tradición oral, deses que gardan un encanto especial ao conservarse, precisamente, por ter quen os conte, e ao mesmo tempo, quen os escoite para volver contar e así nunca se perdan, como por exemplo "Leite". Todos eles foron contados de xeito oral e acompañados de linguaxe de signos. Foi tal o pracer, que xa nos tarda volver escoitala.

Moitas grazas Vero! Moitas grazas Correlingua!