Infantil

Presentación do libro: Redondiño

O venres 12 de abril, o alumnado de 3 anos A asistiu no Salón de Actos do colexio á presentación de "Redondiño", o libro que con moito cariño crearon entre todos. Ao acto tamén asistiron as súas familias, profes e tamén dúas persoas moi especiais... a ilustradora Olaya Naveira e a compositora e cantante de "Mamá Cabra" Gloria Mosquera (que encheron de imaxes e de música esta aventura).

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Presentación do libro: Redondiño

Concerto Mamá Cabra

Antes de irnos de vacacións de Pascua, os alumnos/as de infantil asistimos a un concerto da xenial Gloria Mosquera de Mamá Cabra. Coma sempre, espectacular!

Moitas grazas por visitarnos, esta sempre será a túa casa.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Concerto Mamá Cabra

Infantil recicla

Nada mellor que iniciar aos máis pequenos no reciclado para facer alumnos responsables co medioambiente.  En 5ºB de infantil xa o están a poñer en marcha facendo colectores de papel.

                     

Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR)

O alumnado de infantil está inmerso de cheo na prehistoria, proxecto de centro que se está a traballar; de ahí que a finais deste mes de marzo tomásemos a decisión de coñecer máis de preto todo o que estamos a aprender no cole e colleramos rumbo a Campo Lameiro para coñecer de primeira man como se vivía naquela época.

Cun paseo polo parque puidemos ver e tocar os petróglifos cos principais motivos que os prehistóricos plasmaron nos gravados rupestres galegos.

Visitamos un poboado no que nos deixaron acceder ás chozas para velas por dentro e fixarnos en todos os detalles.

Tamén realizamos un obradoiro de pinturas rupestres no que demostramos o artistas que somos. E para finalizar, fixemos un percorrido pola exposición na que nos atopamos cun verdadeiro prehistórico!!

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Teatro Principal 2019

20/03/2019 19:44

Saida ao Teatro Principal, Marzo 2019, "Danza da choiva"

Este mercores, os alumnos e alumnas de infantil e 1º, achegáronse ata o Teatro Principal de Santiago para asistir ao espectáculo de musica e monicreques "A danza da choiva". Que recibiu o premio María Casares 2017, ao mellor espectáculo infantil. 

 

 

 

Conservatorio Histórico

A profe Begoña de música convidounos a visitar o Conservatorio Histórico de Santiago. Alí, realizamos unha pequena viaxe a través de diferentes países, participando nas diferentes actividades musicais e sen deixar de cantar en nigún momento!

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Saída ao Conservatorio Hco: Unha viaxe a tempo

VISITA AO AQUARIUM

O alumnado de Infantil viaxou ata A Coruña para visitar a "Casa dos Peixes". Tiñamos moita curiosidade por observar de cerca a Gastón, o tiburón co que realizamos un pequeno paseo.

Tamén tocamos estrelas de mar, vimos cabaliños de mar, medusas, peixes grandes e pequenos, as focas...

Unha divertida xornada que non dubidamos en repetir.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Casa dos Peixes

Robótica en Infantil

Alumnado da Universidade de Santiago de Compostela e unha investigadora da Universidade de La Rioja, xunto co profesorado do centro, están levando a cabo un taller de iniciación á programaciónrobótica co alumnado de Educación Infantil.

Primeiro, exploración libre, vendo as posibilidades de acción dos robots. Despois, retos dirixidos e programación, rexistrando traxectos e interpretando os dos compañeiros/as, comprobando e comparando resultados...

Seguro que en máis dunha casa xa escoitastes falar deles!

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Robótica Infantil

"Burbujas de Papel"

"Burbujas de papel" é un espectáculo que combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga coa imaxinación do nen@ para ir a un mundo fantástico.

Roger, un trompetista namorado das pompas, coñece a unha fada moi traste que lle axudará a devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar.

Con "Burbujas de papel", os nen@s de infantil fixeron un percorrido por un mundo de fantasía cheo de pompas de todo tipo.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Burbujas de Papel

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

  “La paz es hija de la convivencia, la educación y el diálogo”: Rigoberta Menchú, premio Nobel de Paz.

Hoxe, 30 de xaneiro, é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, que morreu asasinado en 1948 na India. Foi un gran loitador que empregou todo tipo de estratexias, pero nunca a violencia. Detestaba as inxustizas e defendía a xente máis débil. 

No colexio quixemos celebrar este día cun pequeno acto, no que cada nivel nos mostrou o mellor dalgún persoeiro, que dalgunha maneira traballou en prol da PAZ. O alumnado de 3º A agasallounos cunha fermosa versión da canción "No dudaría", que nos invitou a reflexionar para non empregar nunca a violencia. Así mesmo algúns dos alumnos/as de 6º B, nos interpretaron o tema "Imagine" de John Lenon, en francés e inglés, sen dúbida unha das cancións que máis representa a unión de culturas. Noraboa a todos/as!!!

              

Máis fotos no seguinte álbum.