Infantil

Sesión Teatral "O Cardume"

O alumnado de E. Infantil trasladouse o pasado martes 28 de novembro ao Centro Cultural Fernando Casas e Novoa onde asistiu á representación "O Cardume". Trátase dun espectáculo que combina a narración oral coa música en vivo onde os personaxes traballan en conxunto para acadar os seus soños, promovendo valores como a cooperación, solidariedade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade.

 

 

Benvidos á Escola de Maxia e Feiticería Hogwarts

Os alumnos/as e mestras de Educación Infantil metéronse de cheo no mundo da maxia, a fantasía e a mitoloxía. Hogwarts, a famosa escola de maxia e feiticería de Harry Potter, atópase esta tempada en Sigüeiro, poida que por algún truco ou feitizo dos nosos expertos magos. E o noso alumnado asiste a clases de astronomía, encantamentos, pocións, historia da maxia, transformacións, coidado de criaturas máxicas, voo con vasoira... Precisamente a clase de voo impártese no 1º ano de Hogwarts, así que non vos extrañe cando entredes se vedes as vasoiras e xestas do alumnado colgadas do teito.

 

E como di o lema do colexio "Nunca fagas cóxegas a un dragón durmido"

Reunión coas familias do alumnado de 3 anos

08/09/2017 10:30

O venres 8 de setembro, ás 10:30 h. terá lugar a reunión informativa para as familias do alumnado de 3 anos que se incorpora ao centro.

LAND ART MATHS con ÁNGEL ALSINA

Esta semana visitounos ÁNGEL ALSINA! Que ... quen é? Pois nada máis e nada menos que un investigador internacional en Educación Matemática. Estivo co alumnado de Infantil onde coa colaboración das familias e coa participación de todo o equipo docente, se levou a cabo unha xornada LAND ART con pensamento matemático. Despois de ter seleccionado e clasificado distintos materiais da contorna, nesta sesión os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos mesturados e divididos en equipos, traballaron colaborativamente realizando produccións artísticas. Posteriormente coa axuda de Ángel e das mestras de Infantil, tivo lugar unha sesión de reflexión observando formas, series, regularidades, cantidades...

REVIVINDO OS TRABALLOS DOS AVÓS E AVOAS

Hoxe, como peche á celebración das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar no colexio con avoas, mamás e papás, que nos viñeron lembrar ou máis ben ensinar, algúns dos traballos que eles fixeron e que reviven con cariño. E para iso nada mellor que poñerse á tarefa. Todo o alumnado de Infantil puido descubrir que non sempre houbo lavadora ou camións para o transporte de mercadorías. 

 

XA ESTÁ AQUÍ A NOSA PARTICULAR GALIÑA AZUL!!!

O noso alumnado de Infantil estaba impaciente e desexoso de que rematara a conta atrás para o nacemento dos pitiños entre os que se atopaba, como non! A Galiña Azul. Eran 21 días que foron tachando un a un. E por fin puideron presenciar o nacemento da que será unha galiña algo diferente ás outras, coma a de Casares. Que emoción!!!

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER coa TVG

Hoxe, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, levamos a cabo no centro varias actividades, todas elas encamiñadas a tomar conciencia de que as mulleres poden igual que os homes e reflexionar sobre a situación destas na sociedade. Os nosos corredores albergaron a exposición que organizaron a ANPA, a asociación Troula e a biblioteca  "Mulleres polo mundo" coa súa caravana de mulleres.

Mellora da convivencia

Da comezo o programa para a mellora da convivencia con dúas sesións, unha para 4º e 5º de Infantil e outra para 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria. A través do conto "Nin un biquiño á forza" e a súa posterior dinámica "Os nosos bicos" os nenos e nenas ademais de pasalo en grande aprenderon moitas cousas. Houbo música, baile e  moita emoción!!!