Skip to Content

Plan Proxecta: Proxecto de vida activa e deportiva

Novo Proxecto

No presente curso solicitamos a participanción en varios proxectos dependentes da Consellería de Educación, como son Proxecto de deportivo de Centro, Aliménta-T Ben e o Plan de innovación educativa sobre robótica. Nestes dous últimos non fomos seleccionados, pero seguirémolo intentando en vindeiras convocatorias.

No que si estamos admitidos é no Proxecto Deportivo de Centro enmarcado dentro do Plan Proxecta, a partir do que se pretende fomentar hábitos de vida activa e saudable. Preme aquí para ver a resolución

A mascota deportiva do noso cole

 A semana pasada , dentro das actividades  que se van a celebrar durante todo o curso recollidas no Proxecto Deportivo de Centro,celebróuse a elección da mascota deportiva do noso cole.

Na realización do debuxo participaron todos os alumnos e alumnas de Educación Primaria e de  cada clase elexíuse una mascota finalista .Finalmente e despois dunha votación na que tamén participaron todos o alumnado de Educación Infantil resultou  gañadora a mascota chamada GROUP.

GROUP significa GRUPO e esta mascota vaI estar moi presente en tódalas actividades do colexio,non só nas relacionadas coa Educación Física porque tratará de inculcar valores como o respeto,a cooperación ,a colaboración ,a empatía e en definitiva o espíritu de grupo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut