Skip to Content

Plan Proxecta: Proxecto de vida activa e deportiva

Xornada

Grazas á ANPA, o alumnado de 6º de educación primaria desprazouse ata as pistas de atletismo de Lugo, para coñecer o deporte adaptado e inclusivo local.

Nunha xornada de convivencia con outros centros, descubriron como practican deporte as persoas con diversidade funcional e puxérono en práctica. 
Dende aquí podes ver máis imaxes da xornada.
,

Actividade na natureza

A asociación A Capela de Vilar de Donas invitounos a facerlle unha visita ás árbores que plantamos o curso pasado. Encantounos ver como comezan a brotar! 
Aproveitamos a viaxe para tomar a merenda e xogar... sempre en contacto coa natureza! 
Podes ver dende aquí moitas máis imaxes. 

 

Charla Enki

No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou nunha xornada de sensibilización da man de Enki, co obxectivo de realizar unha aproximación á temática da diversidade funcional e o deporte inclusivo.

Esta sesión complemetarase cunha xornada de convivencia con outros centros, o vindeiro 14 de abril nas pistas de atletismo de Lugo.

Graciñas á ANPA por organizar esta actividade!!

 

Reto actividade física

Reto

A profe de educación física proponnos un reto para estas vacacións. Anímaste?

Preme aquí para ver os retos.

Magosto e torneo de peóns

"Polo San Martiño, peóns ao camiño"

E así o fixemos! Hoxe no cole rodaron os peóns no tradicional campionato! Parabéns a todo o alumnado participante! 

Tamén arrecendía a castañas asadas e soou música en directo para festexar o magosto! 
Podedes ver máis fotos dende aquí

Club Baloncesto Breogán

Recibimos a visita dalgúns dos xogadores do Club Baloncesto Breogán e da súa mascota Máximus, que nos fixo pasar moi bo rato movendo o esquelete!

Gozamos tamén de inchables e canastas!

Agora quedamos con ganas de ir a un partido para animara ao Breogán!

Podedes ver máis fotos premendo aquí

Etapa Pedrouzo-Monte do Gozo

Xa non queda nadiña para chegar a Santiago!

Dende aquí podes ver máis imaxes da etapa Pedrouzo-Monte do Gozo

 

Circuíto Educación viaria

Fixemos exercicio, coñecemos sinais e normas de circulación e contribuímos a fomentar valores de conservación do medio ambiente.

Dende aquí poderás ver máis fotografías

Etapa Arzúa-Pedrouzo

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria realizou a terceira etapa do camiño... unha experiencia única e inolvidable para os nosos peregrinos e peregrinas!

Preme aquí para ver máis imaxes

 

Distribuir contido


by Dr. Radut