Skip to Content

Plan Proxecta: Proxecto de vida activa e deportiva

Fórmula 1

Hoxe, Iago, enseñeiro de Fórmula 1, explicoulles ao alumnado de 4º, 5º e 6º en que consiste o seu traballo.

Grazas, Iago e grazas, ANPA por esta actividade tan chula!

Etapa Medile -Arzúa

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria completan a segunda etapa do Camiño: Melide-Arzúa!

Ánimo camiñantes, xa queda menos!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Etapa Palas - Melide

Durante este trimestre, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria realizará o Camiño de Santiago, en días alternos, dende Palas de Rei ata Santiago.

Comezaron con moita enerxía a súa primeira etapa: Palas- Melide... primeiro tramo superado, adiante!

Preme aquí para ver máis imaxes

Día Mundial da saúde

Conmemoramos o Día Mundial da Saúde facendo unhas pequenas rutas.

Por onde? Que mellor lugar que o Camiño de Santiago... mirade, mirade!

Imos de Camiño

 

Queres completar unha etapa do Camiño dende a casa?

Únete ao reto e por cada hora de actividade física (camiñar, xogar, montar en bici, bailar...) que realices nestas vacacións conseguirás 10 km. do Camiño de Santiago.

Premendo en cada curso poderás ver a etapa correspondente.

Anímate!

4º Educación infantil 5º Educación infantil 6º Educación infantil
1º Educación primaria 2º Educación primaria 3º Educación primaria
4º Educación primaria 5º Educación primaria 6º Educación primaria

 

Liguilla ping pong

Despois de moito entrenar, por fin chegou o día da final!

Parabéns aos gañadores e... a seguir practicando!

Algunha imaxe máis premendo aquí

PM Friol

Recibimos a visita das xogadoras e da adestradora do equipo feminino de fútbol de Friol.

Graciñas por respostar as nosas curiosidades, polos agasallos e, sobre todo, por transmitirnos valores como o respecto, a unión e a deportividade.

Preme aquí para ver máis imaxes.

Actividade física no Nadal

Esta actividade está recollida no Proxecto Deportivo de Centro e ten como obxectivo fomentar hábitos saudables relacionados coa práctica de exercicio físico diario.

No blog de educación física "Móvete" tedes algún exemplo de actividade física por cursos e aquí deixámosvos unhas fichas para recoller polas familias.

Ficha rexistro actividade física infantil

Ficha rexistro actividade física primaria

Magosto e campionato de peóns

Pasámolo xenial nunha xornada na que non deixaron de xirar os peóns e merendamos ricas castañas asadas!

Ollade!

 

Campionato peóns

Achégase o día!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut