Skip to Content

Plan Proxecta: Proxecto de vida activa e deportiva

Imos de ruta

Como presta coñecer máis polo miúdo a nosa contorna e, se é a pé mellor que mellor!

Preme aquí para ver máis fotografías

Día do Medio Ambiente

Conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente como máis nos gusta: XOGANDO!

Grazas á colaboración das familias pasámolo en grande con estes fantásticos xoguetes realizados con material de refugallo.

Preme na imaxe para ver máis fotos.

Circuíto Educación Viaria

Así chegabamos o luns ao cole!

Agardábanos unha semana do máis divertida e cargadiña de aprendizaxe!

Non podemos estar máis agradecidos ás familias que se implicaron nesta actividade, parte do seu éxito lógrase pola vosa colaboración!

Dende aquí podedes vernos sobre rodas!

IMOS DE CAMIÑO!!

Dacordo co programado no Proxecto Deportivo de Centro preséntovos esta actividade na que solicito a vosa colaboración no rexistro da actividade física diaria dos vosos nenos e nenas e que ten  como  obxectivo  fomentar hábitos e estilos de vida activos e saudables.

Grazas de antemán a tod@s!

Aquí vos deixo a información sobre a actividade

Móvete no Nadal!!

Chegou o Nadal,tempo de descansar , de pasalo ben e de coidarnos movéndonos un pouquiño máis todos os días.Propóñovos algunhas actividades para estes días según se recolle no Proxecto Deportivo de Centro. AQUÍ tedes máis información e ESTA é a ficha que levan os nenos para rellenar.

Almorzos saudables

Neste mes de decembro seguimos repartindo no cole almorzos saudables co obxectivo de fomentar hábitos  adecuados de alimentación tal e como se establece no Proxecto Deportivo de Centro.

Consultade aquí o calendario semanal.

Preparados, listos...

...a correr!  Temos nova pista de atletismo no cole!

Recreos activos

   

Fomentar a actividade física nos tempos de lecer é un dos primeiros obxectivos do Proxecto Deportivo de Centro deste curso escolar.

Este é o calendario  dos recreos activos para as distintas zonas en que se divide o noso patio.

 

Olimpíadas 2020

O profesorado do cole collemos a antorcha!

 

MERENDAS SAUDABLES

Distribuir contido


by Dr. Radut