Skip to Content

NORMALIZACIÓN L.

Teatro

UN PLANETA LITERATIO MÁXICO foi a obra que representaron hoxe na Casa da Cultura as nosas compañeiras e compañeiros do grupo de teatro. Encantounos!!

Preme aquí para ver máis imaxes

Abride a fiestra

Como cada 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Este curso sumámonos á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que leva por lema #AbrideAFiestra, que nos convida a pendurar das fiestras do cole un elemento representativo de Rosalía ou da súa obra.

Preme aquí para ver os nosos traballos

 

"Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.

Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar

...

Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!"

María Reimóndez

Contacontos

Sabedes quen nos trouxo a este amiguiño para contarnos contos?

Vouvos dar unha pista...foi a nai dun compañeiro de 1º curso.

Preme na imaxe e poderás descubrilo

Dende aquí dámoslles as grazas por vir!!

Magosto e Día do Peón

O pasado  venres tivo lugar o VI Campionato de Peón no cole, noraboa a todo o alumnado participante!! Agora seguide practicando para o vindeiro curso!

Pero non só fixemos rodar os peóns tamén comemos unhas castañas para celebrar o magosto.

Preme na imaxe para ver máis fotografías do momento.

 

Fin de curso 2017

Xogos, baile, maxia, monicreques e moita diversión para rematar o curso.

Boas vacacións!!!

Preme na imaxe para ver máis fotografías

Día do Libro

Que mellor xeito para conmemorar o Día do Libro que compartindo lecturas. Nós farémolo durante a hora de ler desta semana, hoxe comezamos pero temos moitas ganas de seguir lendo e escoitando historias. 

E vós, con quen compartides lecturas?

 

Día da Paz 2017

Como cada 30 de xaneiro, conmemoramos no cole o Día da Paz. Preme na imaxe para ver algunha fotografía do día

Este ano, fixémolo escoitando recitar unha poesía ao alumnado de Educación Infantil, afinando ben o oído para desfrutar co violín das nosas compañeiras Carmen, Silvia e Paula e bailando xuntos "Humanamente" da cantautora Sés.

E como dí a canción...que pertinente, andar pola vida humamente...HOXE E SEMPRE! 

 

Campionato de peón e magosto 2016

Peóns, música, baile e castañas ben quentiñas son os ingredientes perfectos para festexar o MAGOSTO. Así o fixemos no cole o pasado venres, se queres ver algunha imaxe do momento preme aquí.

 

 

OS TRES PORQUIÑOS VISITAN A GARDERÍA

O Xoves 2 de xuño, o alumnado de 6º de Primaria ,reperesentaron na Gardería a obra "Os tres Porquiños". O rematar a función, agasallaron os cativos cun porquiño de goma eva. Queremos agradecer as mestras da gardería por deixarnos actuar e o mestre Suso por adicar un pouquiño de seu tempo a realizar esta obra.

Clicade na imaxe para acceder a galería.       

OS TRES PORQUIÑOS

As nenas e nenos de sexto, coa axuda de Suso, representaron o conto dos Tres Porquiños para todo o alumnado do centro. Nos próximos días tamén representarán na gardería.

PREMEDE NA IMAXE SE QUEREDES VER MÁIS FOTOGRAFÍAS

Distribuir contido


by Dr. Radut