Skip to Content

NORMALIZACIÓN L.

O MAGOSTO

A semana pasada veunos visitar A CASTAÑEIRA. Tivémola no cole toda a semana. Estivo asando castañas e castañas e castañas e........ día e noite para todos nos. Visítanos todos os años. Esta é a nosa castañeira.

                                                                    

       Pero tamén celebramos o 2º CAMPIONATO DE PEON E aquí están os gañadores/as:

 

Hugo Gómez Torres

Daniel García Vizcaíno    

Teo Gómez Buján.

Gabi Cantillo Cantillo

David López Expósito

Andrea López

 

 

 

Se queres ver máis imaxes clica na cámara 

 

 

LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS con diversos actos:

MARTES:

  • · Obra de teatro representada polos alumnos do noso centro, baixo a dirección de Alfonso (do grupo Metátese)

 

  • ·A asociación cultural FURÓNS E DONICELAS, fíxonos pasar unha tarde moi agradable cun obradoiro de música galega: descubrimos os ritmos da Muiñeira, Xota, Pasodobre e Rumba.

 

 

 

LUNS, MARTES E MÉRCORES: os alumnos/as de 6º e 5º leron contos aos mais pequenos. Foi divertido, os tres días á hora de ler, sentámonos en grupos pequenos nos arredores do cole mentres os nenos/as de 5º e 6º nos lían historias e contos.


XOVES:

  •  MONICREQUES: catro nenas de 6ºA dirixidas polo profe Suso

§  SANDRA CASTRO

§  ANDREA GÓMEZ

§  SARA GONZÁLEZ

§  CANDELA LÓPEZ

Moveron os monicreques con mestría para contarnos unha versión moi divertida de CARAPUCHIÑA VERMELLA.


  • PARA REMATAR todos os cursos recitamos ou cantamos poemas de Rosalía de Castro.

(Para ver mais fotos clica nas imaxes)

 

No ENTROIDO todos os nenos e nenas do colexio....

fixemos un montón de caretas que expuxemos na entrada do cole. Utilizamos diversos materiais: telas, lás, papeis diferentes, ceras...

As nenas de 6º curso contaron un conto, co apoio da PDI, aos nenos de Infantil

Pola tarde baixamos todos á pista cuberta e 5º curso cantounos unha murga e un grupo de 6º bailou para todos nós.

O 31 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ

Todos os nenos e nenas do cole fixemos diferentes actividades na nosa clase. E todos nós participamos na elaboración do noso MURAL DA PAZ: UN PARAUGAS MOI GRANDE QUE NOS PROTEXÍA DAS GOTEIRAS MALAS MALAS...

O 21 DE DECEMBRO XUNTÁMONOS TODOS OS CURSOS NO COLEXIO DE ABAIXO PARA CELEBRAR O NADAL...

SE QUEREDES VER AS FOTOS PREMEDE NA IMAXE

Distribuir contido


by Dr. Radut