Skip to Content

NORMALIZACIÓN L.

#asbravasdepalas

Para conmemorar o Dia Internacional contra a violencia de xénero quixemos poñer en valor a forza das mulleres.

O alumnado recolleu as súas ideas e as nais, avoas, mestras, amigas,...do noso entorno póñenlle voz e imaxe.

Non podemos estar máis agradecidos!!

Magosto

Peóns preparados, cucuruchos listos...e a comer castañas!!

Preme na imaxe para ver que ben o pasamos durante esta xornada de campionato de peón e magosto

Graciñas a todas as familias por aportarnos as ricas castañas!

Concurso conto

Parabéns a familia gañadora do 6º certame de contos para a nosa revista Xoaniña!

Encantounos a historia de "Antía e Xan"

Visita Toño Núñez

Encantounos recibir a Toño Núñez e escoitar os seus contiños e cancións! Un bo comezo para abrir a Semana das Letras Galegas 

Graciñas!!

 

Mandatos do Meco

Atención!! Comeza o entroido!!

Día da paz 2018

Moreas do pombas feitas polo alumnado encheron o cole cunha mensaxe moi clara: PAZ...hoxe, e todos os días do ano!

Así o conmemoramos. Mirade, mirade!

Preme aquí para ver o chulo que está o cole

Día contra a violencia de xénero

O cole encheuse de pegadas que camiñan cara a igualdade, o respecto e a NON VIOLENCIA!

 

Polo San Martiño...

...peóns ao camiño

E se isto o xuntamos con magosto a diversión está asegurada!

 

Preme aquí para ver máis imaxes

Conto

Aquí tedes á gañadora do concurso de contos para as familias, organizado polo equipo de Dinamización Lingüística para a revista escolar.

Encantounos!!

Graciñas a todas as familias participante!

O Maio

Como ven sendo tradicional no cole, o pasado día 16 de maio, achegámonos ata Vilar de Donas para pasar unha xornada de xogo, música e convivencia para conmemorar o Día das Letras Galegas

Aproveitamos a ocasión para construír un maio ben fermoso e florido con elementos naturais que nos ofrece a paisaxe primaveral.

Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración aportando flores, laranxas,...

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS IMAXES

Distribuir contido


by Dr. Radut