Skip to Content

Circulares

Aviso

Normas organización e funcionamento 2020-2021

Premendo na imaxe podedes consultar as normas de organización e funcionamento para o curso 2020/21

ATENCIÓN!

Seguindo as instrucións publicadas pola  Dirección Xeral de Educación establécense novas datas de inicio do curso escolar, de xeito graduado.

 INICIO CURSO ESCOLAR

  • Xoves 10 de setembro incorporarase:

4º e 5º de educación infantil (3 anos e 4 anos)

1º, 2º e 3º de educación primaria.

  • Venres 11 de setembro incorporarase:

6º de educación infantil ( 5 anos)

4º, 5º e 6º de educación primaria

 

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS:

Realizaranse na Casa da Cultura, só poderá asistir unha persoa por alumno ou alumna.

Recórdase o uso obrigatorio de máscara e manter a distancia de seguridade.

O horario e data de reunións:

7/09/20 ás 10:00h - 6º de Educación Infantil e 1º de Educación primaria

7/09/20 ás 12:00h - 4º de Educación Infantil e 5º de Educación Infantil

7/09/20 ás 16:00h - 2º de Educación Primaria e 3º de Educación Primaria

8/09/20 ás 10:00h - 4º Educación Primaria e 5º Educación Primaria

8/09/20 ás 12:00h - 6º A e B de Educación Primaria

Plans contexto COVID

Poñemos a vosa disposición os plans elaborados polo centro para a adaptación ao contexto COVID.

Plan de adapatación

ao contexto COVID

Plan de

Continxencia

Plan de acollida

Comezo curso 2020-2021

A actividade lectiva comezará o xoves día 10 de setembro.

O centro está elaborando un protocolo baseándonos nas instrucións publicadas polas Consellerías de Educación e Sanidade.

A comezos de setembro convocaremos unha reunión coas familias para explicarvos con detalle as medidas adoptadas.

Seguirémosvos informando a través de AbalarMóbil, a páxina web e as redes sociais.

 

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19

Publicada na web da Consellería de Educación, a Resolución conxunta das Consellerías de Educación e de Sanidade, pola que se aproba o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 para o inicio do desenvolvemento da actividade lectiva no curso académico 2020/2021 nos centros de ensino non universitario de Galicia, podedes consultalo dende AQUÍ.

Segundo dispón, cada centro elaborará o seu propio "Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020-2021" que será posto en coñecemento da comunidade educativa a comezos de setembro.

Boas novas!

Colaboración voluntaria nas tarefas de comedor

 

 

 

 ABERTO  o prazo de admisión de membros da Comunidade Educativa do Ceip de Palas de Rei, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020-2021.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ato o día 11 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2020.

 

Comedor escolar curso 2020-2021

 

 

Aberto o prazo para o procedemento de autodeclaración do prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2020-21

 

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

As autodeclacións entregaranse na Secretaría do Centro. O prazo remata o 11/09/2020, pero é aconsellable a súa entrega antes do 10/07/2020

IMPORTANTE:

-A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2019

-Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.

-Recorde cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.

 

 

Podedes descargar o impreso e as intrucións dende AQUÍ ou recollelo no centro.

 

Transporte escolar

 

En base á instrución 1/2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 8 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso 2020 – 2021

◄ Solicitude de modificación de itinerario e de introdución de novas paradas.

Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".

Posteriormente a dirección cursará a solicitude ante a Xefatura Territorial de Lugo.

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou introdución de novas paradas en distancias inferiores a 2 km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

Prazo de solicitude: ata o 10 de xullo de 2020, incluído.

◄ Presentación  solicitudes excepcionais de uso do transporte escolar.

  1. Alumnado cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.
  2. Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden, de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.
  3. Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.

Este alumnado poderá solicitar uso excepcional do transporte escolar sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • Que existan prazas vacantes
  • Que non comporte a modificación das rutas
  • Que non supoña a creación de novas paradas
  • Que non incremente a duración do traxecto
  • Que non precise a incorporación de acompañante

Os pais, nais ou titores legais cuxos fillos/as se atopen nalgunha das situacións anteriores, poderán solicitar ante a dirección do centro o uso excepcional do transporte escolar por parte destes.

Prazo de solicitude: ata o 1 de setembro de 2020, incluído.

Distribuir contido


by Dr. Radut