Skip to Content

Circulares

Novas instrucións

 

Publicáronse as instrucións de 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das instrucións de 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sinala o seguinte:

"Polas circunstancias excepcionais do desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020, nos documentos de avaliaciónos centros educativos rexistrarán as cualificacións da primeira e da segunda avaliación e as cualificacións da avaliación final. Non se rexistrarán cualificacións da terceira avaliación."

 

Adaptacións das programacións didácticas para o 3º trimestre

Conforme ao disposto na Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, publícanse os documentos guías que recollen as Adaptacións das Programacións Didácticas.

Podedes consultalas no bloque "Adaptación programacións" situado no lateral dereito da web.

 

 

Instrucións 27 de abril

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou as instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020.
Podedes acceder a elas, na páxina web do centro, no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf
Ditas orientacións confirman que o terceiro trimestre desenvolverase tal e como se vos informou o pasado 17 de abril.

 

Orientacións provisionais Consellería Educación

Estimadas familias:

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar as orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (á espera da publicación da normativa estatal correspondente).

Podedes acceder a elas neste enlace.

As orientacións provisionais, sinalan o seguinte:

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.

Por tanto, seguiremos traballando de modo non presencial empregando os mesmos medios que ata o momento.

O domingo pola tarde, na páxina web estarán subidas as tarefas para a próxima semana.

Unha aperta.

Equipo Directivo do CEIP de Palas da Rei.

Información tarefas

Fallo Abalar Móbil

Nota informativa

O vindeiro martes 14 de abril, retomaremos previsiblemente, a actividade lectiva de xeito telemático, empregando os mesmos medios que ata o de agora.
Calquera novidade ao respecto será comunicada mediante os medios empregados habitualmente.

Disfrutade destes días en familia.

Non podemos deixar de agradercervos a vosa colaboración. Estes días están a ser moi raros e duros para todos, pero tamén nos sirven para reafirmar o valor das pequenas (pero grandes) accións e para que o noso afecto común polo cole medre a moreas.

Unha vez máis, sabemos que xuntos somos máis fortes!

...e que, ser do cole de Palas, MOLA!

Axuda Extraodinaria de comedores escolares

ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das  axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID- 19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento. (Podes ler a orde aquí)

Quen a pode solicitar?
A familia do alumnado que ostenta a condición de usuario gratuíto de comedor escolar (é dicir, non paga) e aqueles usuarios semigratuítos (1 euro por día).


Cal é o prazo para facer a solicitude?
Do 31 de marzo ao 6 de abril, ambos incluídos


• Como se solicita?
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) Concretamente neste enlace solicitude ED601B

As familias poderán solicitar colaboración ao Equipo Directivo para formalizar a solicitude, en horario de 10h a 14h, no teléfono 982870627


A solicitude será única por cada familia e incluirá á totalidade das fillas e dos fillos.
• Información de interese:
- A axuda para o alumnado usuario gratuíto será de 2,50 euros por día lectivo.
- A axuda para o alumnado usuario semigratuíto será de 1,50 euros por día.
- A Consellería de educación computa un total de 28 días lectivos en dous períodos:
■ 14 días lectivos (dende o 16 de marzo ata o 3 de abril).
■ 14 días lectivos (dende o 14 de abril ata o 1 de maio) eventualmente para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma.
- Mediante solicitude única, recíbese un primeiro aboamento correspondente
aos primeiros 14 días lectivos afectados pola declaración de suspensión do
servizo de comedor escolar.
- Para o caso de que se acorde unha prórroga da suspensión do servizo de
comedor, realizarase un segundo aboamento polos 14 días lectivos restantes,
sen que sexa preciso a presentación de novas solicitudes.

Atención á comunidade educativa

Atenderanse as dúbidas no enderezo electrónico: ceip.palas.rei@edu.xunta.es

ou no teléfono do centro: 982870627 en horario de 10h a 13h.

Novo aviso sobre a segunda avaliación

 

En base ás novas restricións do Estado de Alarma decretado polo Goberno, o Equipo Directivo acorda que, o modo máis seguro para a entrega dos boletíns de cualificación da segunda avaliación, sexa de xeito telemático.

Por iso, solicitamos a colaboración das familias para que descarguedes a aplicación Abalar Móbil nos vosos móbiles. A través dela, poderedes consultalas notas da segunda avaliación dos vosos fillos e fillas o vindeiro venres 3 de abril,  a partir das 10 da mañá. Seguide as indicacións que vos deixamos na seguinte guía.

Se a aplicación vos dí que non recoñece o número, chamádenos para actualizalo. Graciñas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut