Skip to Content

Circulares

Xornada portas abertas

Novas medidas anti COVID

Deixámosvos un resumo do Novo Protocolo de Vixilancia e Control Epidemiolóxico Fronte ao COVID no ámbito educativo.

Premendo neste enlace podedes acceder ao Protocolo para a detección de infección polo SARS-Cov-2 con test rápido de antíxeno en saliva en centros de educación primaria.

Pago tasa comedor a través de AbalarMóbil

Este vídeo explica como realizar o pago de tasa do servizo comedor a través da aplicación.

Tamén o podedes consultar no seguinte documento (dende a páxina 16 ata a 18)

GUÍA ESPAZO ABALAR PARA AS FAMILIAS

 

Renovación membros Consello Escolar

Informamos que ao logo deste mes de novembro realizarase a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, tal e como está marcado na resolución de 20 de setembro de 2021

No sector de nais/pais hai dúas prazas vacantes. O prazo para presentar a vosa candidatura é do 4 ao 10 de novembro, ambos incluídos (cubrindo un impreso do centro)

As votacións realizaranse o día 24 de novembro de 10 a 17 horas.

 

Podedes consultar máis información nos seguintes enlaces:

-Calendario

-Convocatoria familias

-Convocatoria profesorado

-Convocatoria PAS

Protocolo Covid-19

Dende este enlace podedes consultar o Protocolo de Adaptación ao contexto Covid-19 no curso 2021/22

Normas organización e funcionamento curso 2021/22

 

Premendo na imaxe podedes consultar as normas de organización e funcionamento para o curso 2021/22

Curso 2021/22

Trasporte escolar

◄ Solicitude de modificación de itinerario e de introdución de novas paradas.

Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".

Posteriormente a dirección cursará a solicitude ante a Xefatura Territorial de Lugo.

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou introdución de novas paradas en distancias inferiores a 2 km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

Prazo de solicitude: ata o 09 de xullo de 2021, incluído.

◄ Presentación  solicitudes excepcionais de uso do transporte escolar.

  1. Alumnado cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.
  2. Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden, de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.
  3. Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.

Este alumnado poderá solicitar uso excepcional do transporte escolar sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • Que existan prazas vacantes
  • Que non comporte a modificación das rutas
  • Que non supoña a creación de novas paradas
  • Que non incremente a duración do traxecto
  • Que non precise a incorporación de acompañante

Os pais, nais ou titores legais cuxos fillos/as se atopen nalgunha das situacións anteriores, poderán solicitar ante a dirección do centro o uso excepcional do transporte escolar por parte destes.

Prazo de solicitude: ata o 3 de setembro de 2021, incluído.

Obradoiro robótica

 

Queredes pasar unha xornada divertida aprendendo programación e robótica?

Non o pensedes máis e anotádevos neste Seminario que se celebrará o sábado 10 de abril na Casa da Cultura.

Está dirixido a nenas e nenos de 1º a 6º de educación primaria.

Premendo aquí tedes máis información.

Podedes realizar as inscricións dende este ENLACE, a partir do martes 23 de marzo.

Animádevos!

Axuda máscaras

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou hoxe a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria.

 

Podedes consultala premendo aquí.

 

Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que recibiu a axuda de material escolar. Nestes casos, o centro encárgase de facer todos os trámites. Por tanto, as familias non é preciso que fagades nada. Nos vindeiros días, canto teñamos máis información,poñerémonos en contacto con vós.

 

O resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, agás por motivos de renda, debe cubrir os anexos I e II e entregalos no centro dende o 16 ao 27 de novembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut