Skip to Content

Circulares

Corentena xuntos

Aviso

Tendo en conta o Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID – 19, e as instrucións da Consellería de Educación, atenderanse as dúbidas no enderezo electrónico: ceip.palas.rei@edu.xunta.esou no teléfono do centro: 982870627 en horario de 10h a 13h.  


  Tal e como marca a Consellería de Educación, dende o centro seguimos as INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO recollidas na instrución de 13 de marzo de 2020.

"-O centro disporá das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar.

-Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, establecerá un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.

-Os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios."

 

Aviso tarefas

O vindeiro luns día 16 de marzo, publicaremos na web tarefas para o alumnado, que está preparando o profesorado.

Ante calquera dúbida chamade ao cole.

Alerta sanitaria

A Consellería de Educación anuncia as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia Covid - 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020: 

  • "Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos."

Máis información sobre as medidas publicadas premendo aquí 

 

Seguiremos informando ante calquera novidade.

Aviso

Xornada única

O resultado da votación das familias supera o 58% dos votos a favor, necesarios segundo o recollido no punto 4 do apartado segundo da Orde de 29 de maio de 2008 polo que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá, polo que é posible a implantación da xornada única de mañá para o vindeiro curso.

Dende o centro queremos darvos as grazas a todas as familias polo voso apoio e pola enorme participación que tivo a xornada de votación. Coa vosa implicación demostrastes, unha vez máis, que este cole vos importa.

GRAZAS!

Votacións

 

Recordade!!!

O día 17 de febreiro, terá lugar a votación da xornada única.

A mesa estará aberta de 09:00 a 20:00 horas

Un voto por familia (é necesario mostrar o DNI)

 

Sorteo público censo electoral

Seguindo co proceso de implantación de xornada única de mañá, o vindeiro luns día 10 de febreiro, ás 12:45 horas, celebrarase no centro, o sorteo público para a elección dos membros da mesa de votación do sector das familias.

Esta mesa estará composta pola dirección do centro e dúas nais, pais ou titores legais.

Recordade que a votación será o luns 17 de febreiro.

Vota si ou vota non, pero vota. Que se note que esta escola che importa.

Censo familias

En base ao establecido no punto quinto da Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación de xornada lectiva en sesión única de mañá, exponse o censo electoral* para a votación de pais/nais/titores legais que se realizará no centro educativo o vindeiro 17 de febreiro.

 

Ábrese un prazo ata o venres 6 de febreiro para que as nais/pais/titores legais, poidan presentar reclamacións ao censo.

 

*Podedes consultalo no taboleiro de anuncios do porche

Recordade

Distribuir contido


by Dr. Radut