Contacontos do Concello

O pasado 22 de xaneiro tivemos unha visita moi especial na biblioteca do noso cole: a contacontos do Concello que nos fixo viaxar por diversos países do mundo. Coñecemos China, Rusia, Italia… escoitando as fantásticas aventuras de Marco Polo que nos ía contando.

Non hai máis que ver a faciana do alumnado para descubrir o ben que o pasaron con esta actividade…

Xa estamos esperando ansiosos a que veña outra vez a visitarnos!!!

Galería de imaxes

Malala, premio Nobel da Paz 2014

Esta xoven defensora do dereiro á educación da muller foi galardonada co Nobel da Paz 2014 “pola súa loita contra a opresión dos nenos y polo dereito de todos eles á educación”

Preme para ver índice

Malala Yousafzai. CC BY 2.0 DFID-UK en Flickr

Entroido en Galiza

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galiza. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.

Recursos para o Día da Paz

Neste libro pretendemos facer unha compilación daqueles recursos educativos que realizamos no noso centro ou que realizaron mestres doutros centros.

Esperemos que vos sexan de utilidade.

Visita ao supermercado Eroski

O 15 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º curso visitou as instalacións do supermercado Eroski, situado no barrio das Lagoas, para ver en situ as diferentes seccións das que se compón un supermercado e cambiar impresións con diferentes empregados do mesmo. Descubriron curiosidades do seu traballo que descoñecían totalmente, como por exemplo os aparellos de seguridade que se empregan na carnicecía.

Previamente, unha empregada da cadea Eroski, chamada Dª. Eva, e acompañada polo responsable do centro das Lagoas, D. Manuel, ensinounos de xeito moi didáctico e ameno a estrutura e organigrama do super. Asemade, con ela repasamos os diferentes tipos de nutrientes que son imprescindibles para levar unha  dieta equilibrada e san. Posteriormente, no super, vimos as diferentes seccións onde podemos atopar estes produtos alimenticios.

Unha vez finalizada a visita, fomos agasallados cunha exquisita degustación de pinchos elaborados a partir de froita fresca polos empregados do super. Durante os petiscos, realizáronnos varios xogos moi divertidos nos que tiñamos que adiviñar, por medio dos sentidos do tacto ou do gusto, de que alimentos se trataban. Algunha das froitas que probamos era a primeira vez que as víamos.

Ao remate da actividade recibimos outro agasallo consistente nunha mochila con produtos alimenticios do super.

Desde aquí queremos agradecer a todos os membros do supermercado Eroski do barrio das Lagoas a atención e paciencia que nos prestaron durante a visita e especialmente a Dª Eva e D. Manuel polo ben que tiñan organizada a actividade.

Galería de imaxes

Metereoloxía no aula de apoio

O alumnado do aula de apoio colabora diariamente no proxecto de Meteoescolas que está a desenvolver o alumnado de 6º curso no noso centro, coa toma de datos metereolóxicos en formato gráfico.

Todos os días, desde que comezou o curso, colorean as imaxes do tempo que fai e colócanas, no seu lugar correspondente, no almanaque que rexistra ditos datos e que está situado nos corredores das aulas para poder ser consultado con facilidade polo resto da comunidade educativa.

Galería de imaxes

Formación de usuarios curso 2014/2015

Neste libro reflectimos algunhas das actividades de formación de usuarios que realizamos na nosa biblioteca ao longo do curso 2014/2015.

Formación no Terceiro Ciclo de EP

O alumnado de terceiro ciclo realizou tarefas de de colaboración axudando a colocar correctamente os libros nos seus andeis. Asemade, tamén realizou tarefas de curación dalgúns fondos que polo seu uso estaban deteriorados.

Formación no Segundo Ciclo de EP

O alumando de segundo ciclo realizou no primeiro trimestre as seguintes actividades:

  • Debuxaron un plano da biblioteca para dominar o espazo da mesma e a localización das diferentes seccións.
  • Aprenderon e repasaron o significado da CDU e a información que ofrecen ao lector as signaturas dos libros.
  • Destinguiron as dúas grandes clasificacións de fondos bibliográficos da nosa biblioteca: os libros de ficción (grupo 8: narrativa, poesía e teatro) e os de non ficción (resto dos grupos: consulta, bibliografías...).
  • Arenderon a localizar os libros na biblioteca atendendo a súa temática.

Galería de imaxes

Formación no Primeiro Ciclo de EP

O alumnado de primeiro ciclo traballou os seguintes temas ao longo do primeiro trimestre:

  • Visitou a biblioteca para ser informada dos servizos que esta ofrece ao alumnado.
  • Analizaron diferentes tipos de fondos documentais:contos, comics, narrativas e libros de consulta para aprender a distinguir os diferentes tipos de lectura e información que ofrecen os documentos.
  • Aprenderon a cumprimentar as fichas de lectura que deben de cubrir cada vez que len un libro. Nos libros recoñeceron os diferentes elementos que identifican un documento.
  • Debatiron sobre as accións que hai que realizar para coidar os materiais da biblioteca.