Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024

Está aberto o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo e poderá facelo todo o alumnado que cumpra as condicións para presentarse (ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos).

 a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación Premios Edu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.

Calendario Probas libres Ciclos Formativos

Actualizada a información do calendario de probas libres 2024 e programacións dos módulos.

I Feira de Educación, Formación e Emprego

O noso centro participa nesta primeira edición da Feira de Educación, Formación e Emprego, organizada pola organizada pola Dirección Xeral de FP da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación de Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e ten como obxectivo proporcionar asesoramento e información ao alumnado e familias para a toma de decisións sobre o seu futuro.

A feira é unha oportunidade para que as familias acudan, cos seus fillos e fillas, a coñecer ás posibilidades da educación, formación e emprego que existen na provincia de Lugo, pois poderán ver, entre outros, a oferta formativa de FP de 15 centros da provincia.

Ademais, o xoves pola tarde, tamén haberá charlas cada 30 minutos sobre distintas temáticas: orientación, ciberseguridade, adicción a videoxogos, acoso, ciberacoso e formación no exército; e a tarde do venres, de orientación e de formación no exército.

Días: xoves 23 e venres 24 de maio.
Horas: mañás de 9:30 a 14:30, tardes de 16:30 a 20:30.
Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Distribuir contido