Curso 2023/24

Semana relatorios USC: A Ponte entre o Ensino Medio e USC. 2º Bach A: LM Botana López: De onde sae un medicamento

15.03.2024

 

O terceiro e derradeiro relatorio do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" para o ano académico 2023/2024 foi da man do profesor do Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Veterinria da USC Campus de Lugo, Luís Miguel Botana López, o cal ofreceu un relatorio ao alumnado de 2º BACH - A denominado: De onde sae un medicamento? Nel o alumnado puido saber como se crea un medicamento, de onde saíron moitos dos medicamentos actuais, como por exemplo a Aspirina ou o Sintrom, ou cal é o custo (elevado) que ten elaboralos. Un relatorio moi ameno e cheo de grandes coñecementos!

 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_15_2ª AVA_2º BACH_A_L M Botana López_ De onde sae un medicamento

Semana relatorios USC: A Ponte entre o Ensino Medio e USC. 1º Bach: JA Rodríguez Añón: Cambio climático: mitos lendas e ciencia

14.03.2024

 

O segundo relatorio encadrado dentro do programa "A Ponte entreo Ensino Medio e a US " levouse a cabo o xoves 14 de marzo onde o alumnado de 1º BACH acudiu ao relatorio de JA Rodríguez Añón: Cambio climático: mitos, lendas e ciencias. O profesor da facultade de Física e Química da USC explicoulles polo miúdo diferentes elementos do cambio climático facendo fincapé na concienciación cidadá para frealo. Un dato curioso que nos ofreceu en relación a este tema é que se coidamos o planeta, tal e como debemos facer, en 25 anos teriamos un planeta sano. 

A teoría sabemola, só temos que aplicala!

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_14_2ª AVA_1º BACH_ J A Rodríguez Añón_Cambio climático: mitos lendas e ciencia

Semana relatorios USC: A Ponte entre o Ensino Medio e USC. 2º Bach B. Víctor Millet: Filoloxías con futuro: tradicionais e dixit

11.03.2024

 

Na Semana de Relatorios da USC: A Ponte entre o Ensino Medio e a USC comezamos co presenza do profesor e catedrático de Filoloxía Alemá da USC, Víctor Millet, no noso centro. o cal ofreceu un relatorio ao alumnado de 2º Bach - B denominado Filoloxías con futuro: tradicionais e dixitais.

Álbum: Escolares -> 2024_03_11_2ª AVA_2º BACH_B_Víctor Millet_Filoloxías con futuro - tradicionais e dixitais_Relatorios A ponte entre o Ensino Medio e a USC

1º ESO. Parque da Cultura Castrexa. San Cibrao de Las. San Amaro - Ourense

05.03.2024

O 5 de marzo de 2024 o alumnado do curso de 1º ESO realizarou unha visita ao Castro de San Cibrao de Las acompñado do seu profesorado: Ana Delgado, Sara Porrit, Laura Rodríguez e Yolanda Soba.

O Castro de San Cibrao de Las está datado entre o século II a.C. e o século II d.C. e situado entre os concellos de Punxín e San Amaro, na provincia de Ourense.
En primeiro lugar, acudiron ao Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, onde as guías fixéronlle unha visita explicativa por todo o Centro. Así, os alumnos e alumnas puideron coñecer máis información acerca da cultura castrexa do noroeste peninsular. Aprenderon sobre as formas de vida dos antigos castrexos, puideron observar pezas orixinais da época e entender como se organizaban e funcionaban as súas cidades.
A continuación, o alumnado realizou unha xincana polo recinto; por grupos, as rapazas e rapaces debían atopar as respostas a unha serie de preguntas, distribuídas ao longo de todo o Centro de Interpretación. Unha actividade lúdica e educativa, onde aprenderon á vez que se divertían buscando pistas.
Por último, visitaron o propio Castro de San Cibrao de Las, un dos máis grandes de Galicia, onde puideron observar as murallas, rúas e vivendas da antiga cidade castrexa. Tamén disfrutaron da paisaxe e das estupendas vistas de parte da comarca do Carballiño dende a cima do castro.

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_05_2ª AVA_1º ESO_Parque da Cultura Castrexa_San Cibrao de Las

ESO. Campionato Provincial Escolar de Orientación. Lugo

28.02.2024

Preto de 400 mozos e mozas participaron o 28 de febreiro na capital lucense no campionato provincial escolar de orientación do programa Xogade, que impulsa a Secretaría Xeral para o Deporte.
 
Os nosos 52 representantes de todos os cursos de ESO, acompañados dos seus profesores de Educación Física: Pablo Álvarez, Miguel Martínez e Alberto Rodríguez, tiveron que facer uso dos planos de localización para atopar entre oito e dez balizas distribuídas por todo o trazado e nun percorrido aproximado de 2.000 metros. Unha moi boa experiencia na que nos divertimos e practicamos deporte ao aire libre.
Álbum: Escolares -> 2024_02_28_2ª AVA_ESO_Campionato Provincial Escolar de Orientación. Lugo

3º ESO e 1º Bacharelato. Andorra. Viaxe á neve

02-08 / 03 / 2024

 

DÍA 1: 2-3 de marzo de 2024

O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato do IES Río Cabe, acompañados do seu profesorado: Carlos Parada, Raquel Seoane e Iria Trebolle, iniciaron a viaxe a Andorra para desfrutar dunha semana de esquí.

Viaxe tranquilo sen presenza do temporal que previamente ameazaba. Saímos de Monforte de Lemos ás 00:15 horas.

Entramos no hotel en Andorra sobre as 13.30h e xa temos recollido o material. 

Tarde libre por Andorra La Vella ata a hora da cea. Preparándonos para a semana de esquí!

 

DÍA 2: 4 de marzo de 2024

 

Primeiro día de esquí, onde desfrutamos dunha mañá soleada e coas pistas cheas de neve, é dicir, nas condicións ideais para esta práctica deportiva.

 

Todo o mundo esquiando e gozando da actividade con normalidade.

 

DÍA 3: 5 de marzo de 2024

 

Segundo día de esquí por terras andorranas, esquiando todo o mundo e gozando destes días solleiros e con montañas nevadas.

Completaremos a xornada con Caldea.

 

DÍA 4: 6 de marzo de 2024

 

Terceiro día de esquí por Andorra, todas e todos esquiando e vivindo con emoción a experiencia. O cansanzo xa comezou a aparecer mais o bo tempo axuda a vencelo!

 

DÍA 5: 7 de marzo de 2024

 

Último día de esquí nesta Semana Branca 2024 do IES Rìo Cabe. 

Todo o alumnado e profesorado puido esquiar nesta xornada que comezou nubrada e rematou soleada para despedirnos da paisaxe idílica de Andorra.

Cómpre subliñar a afección aos brindos desenvolta nesta derradeira xornada de esquí.

 

O venres, despois de almorzar, toca iniciar a viaxe de volta a Monforte de Lemos.

 

DÍA 6: 8 de marzo de 2024

 

Logo de almorzar, sobre as 9:30 horas da mañá, o alumando e o profesorado do IES Río Cabe puxo rumbo a Monforte de Lemos, cuxa chegada foi sobre ás 23:30 horas. Foi unha semana chea de novas experiencias, anécdotas e bos momentos que recordaremos sempre. Unha semana na que se practicou esquí e se desfrutou da paisaxe andorrana. Ata o ano que vén Andorra!

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_02-08_2ª AVA_3º ESO_1º Bach_Andorra_Viaxe neve

4º ESO, 1º Bach. e 2º Bach.: Película El maestro que prometió el mar. Multicines Hollywood. Monforte de Lemos

28.02.2024

07.03.2024

 

O alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato acudiron aos cines Hollywood de Monforte de Lemos para visualizar a película "El maestro que prometió el mar". Agardamos que o filme fose do seu agrado e lles axude a coñecer un pouco máis a nosa historia. 

O alumnado foi acompañado do profesorado: Anuncia Vázquez, Ana Otero, Cristina Ouro, Pilar López, Laura Rodríguez e María Padrón.

 

 

 

TRAILER: 

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_28_2024_03_07_2ª AVA_4º ESO_1º BACH_2º BACH_Cine_El maestro que prometió el mar_Monforte de Lemos

2º ESO. Parque da Cultura Castrexa. San Cibrao de Las. San Amaro - Ourense

29.02.2024

O 29 de febreiro de 2024 o alumnado dos cursos de 2º ESO realizou unha visita ao Castro de San Cibrao de Las acompañado do seu profesorado: Javier Barros, Ana Delgado, Nerea Iglesias e Carmen Quiroga.

O Castro de San Cibrao de Las, datado entre o século II a.C. e o século II d.C. está situado situado entre os concellos de Punxín e San Amaro, na provincia de Ourense.

En primeiro lugar, acudiron ao Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, onde as guías fixéronlle unha visita explicativa por todo o Centro. Así, os alumnos e alumnas puideron coñecer máis información acerca da cultura castrexa do noroeste peninsular. Aprenderon sobre as formas de vida dos antigos castrexos, puideron observar pezas orixinais da época e entender como se organizaban e funcionaban as súas cidades.
A continuación, o alumnado realizou unha xincana polo recinto; por grupos, as rapazas e rapaces debían atopar as respostas a unha serie de preguntas, distribuídas ao longo de todo o Centro de Interpretación. Unha actividade lúdica e educativa, onde aprenderon á vez que se divertían buscando pistas.
Por último, visitaron o propio Castro de San Cibrao de Las, un dos máis grandes de Galicia, onde puideron observar as murallas, rúas e vivendas da antiga cidade castrexa. Tamén disfrutaron da paisaxe e das estupendas vistas de parte da comarca do Carballiño dende a cima do castro.

Álbum: Escolares -> 2024_02_29_2ª AVA_2º ESO_Parque da Cultura Castrexa_San Cibrao de Las

Todos os cursos. Día do amor

14.02.2024

 

Dende a Biblioteca do IES Río cabe levaron a cabo varias actividades para conmemorar o Día do Amor en todas as súas vertentes. Podes ver as actividades dno blog picando AQUÍ

Todos os cursos. Día de Rosalía. 23 de febreiro de 2024

23.02.2024

Alumnado, profesorado, persoal non docente e familias do IES Río Cabe recitaron versos de Rosalía de Castro para conmemorar o seu día, o Día de Rosalía. Entre as actividades deste día cómpre destacar os murais e os código QR que se puxeron en carteis con poemas da musa das nosas letras que levaban a poemas musicados. Ademais, varios dos poemas rosalianos foron traducidos polo profesorado, alumnado e polas súas familias ás máis de 25 linguas que temos no noso centro educativo. Moitas grazas!

 

 

Álbum: Escolares -> 2024.02.23_2ª AVA_Todos os cursos_Día de Rosalía
Distribuir contido