2º ESO. Parque da Cultura Castrexa. San Cibrao de Las. San Amaro - Ourense

29.02.2024

O 29 de febreiro de 2024 o alumnado dos cursos de 2º ESO realizou unha visita ao Castro de San Cibrao de Las acompañado do seu profesorado: Javier Barros, Ana Delgado, Nerea Iglesias e Carmen Quiroga.

O Castro de San Cibrao de Las, datado entre o século II a.C. e o século II d.C. está situado situado entre os concellos de Punxín e San Amaro, na provincia de Ourense.

En primeiro lugar, acudiron ao Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, onde as guías fixéronlle unha visita explicativa por todo o Centro. Así, os alumnos e alumnas puideron coñecer máis información acerca da cultura castrexa do noroeste peninsular. Aprenderon sobre as formas de vida dos antigos castrexos, puideron observar pezas orixinais da época e entender como se organizaban e funcionaban as súas cidades.
A continuación, o alumnado realizou unha xincana polo recinto; por grupos, as rapazas e rapaces debían atopar as respostas a unha serie de preguntas, distribuídas ao longo de todo o Centro de Interpretación. Unha actividade lúdica e educativa, onde aprenderon á vez que se divertían buscando pistas.
Por último, visitaron o propio Castro de San Cibrao de Las, un dos máis grandes de Galicia, onde puideron observar as murallas, rúas e vivendas da antiga cidade castrexa. Tamén disfrutaron da paisaxe e das estupendas vistas de parte da comarca do Carballiño dende a cima do castro.

Álbum: Escolares -> 2024_02_29_2ª AVA_2º ESO_Parque da Cultura Castrexa_San Cibrao de Las