Curso 2020/21

Curso 2020/21

Charla "Seguridade na rede"

O pasado día 8 de abril, Luis Álvarez, membro da Policía Nacional en Monforte , impartiu unha charla sobre seguridade na rede ó alumnado de 1º e 4º de ESO.

O obxectivo da charla era que os rapaces e rapazas aprendan a facer un uso seguro e responsable de Internet, ademais de que se conciencien dos riscos e problemas que se poden atopar cando acceden ás redes sociais  ou colgan distintos contidos na rede (ciberacoso, suplantación de indentidade..).

 

Queremos agradecer a Luis a súa axuda e explicacións  nun asunto que nos preocupa a todos. 

 

Neurociencia: o cerebro e a linguaxe

Hoxe, 9 de abril, recibimos a visita da investigadora monfortina María Fernández López, quen foi galardoada cun dos premios anuais internacionais que concede a Sociedade de Neurociencia CognitivaO proxecto polo que foi premiada María tiña como obxectivo estudar como funciona o cerebro ao ler e descifrar letras distorsionadas. Sobre o cerebro é do que María lles falou aos alumnos e alumnas de 3ºESO. Contoulles moitísimas curiosidades, explicoulles o funcionamento de cada unha das rexións do mesmo,como nos pode afectar á nosa vida diaria que algunha desas rexións se vexan afectadas ,etc. Tamén lles explicou en que consiste o seu traballo e respondeu a numerosas cuestións que ían xurdindo. De feito, varios alumnos e alumnas quedaron durante o tempo de lecer con ela para continuar preguntando. 

A actividade foi organizada por Iria Penoucos, profesora do departamento de Bioloxía do instituto.

 Sentímonos moi agradecidos e orgullosos de María xa que, ademais dunha gran profesional, foi alumna

do IES Río Cabe.

Charla “Gravados rupestres no sur de Lugo”, Plan Proxecta

O pasado venres 26 de marzo, os alumnos/as de 3º ESO tiveron unha charla relacionada co Plan Proxecta no que están traballando (“Buscando petróglifos pola Ribeira Sacra”).

 A convidada foi a arqueóloga e investigadora Begoña González Aguiar, natural de Siós, no concello de Ferreira de Pantón.  È Licenciada en Historia da Arte pola USC; fixo tamén un Máster en Arqueoloxía e, posteriormente, o doutorado na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía. Comezou a estudar os petróglifos das zonas de Pantón e Sober na súa Tesina, estudos que, posteriormente, profundizaría na súa Tese doutoral aínda que agora ampliando o territorio (xa que incorpora, tamén, Antas de Ulla) e investigando, sobre todo, como se facían os gravados nas rochas.

 Foi unha charla do máis interesante na que Begoña nos explicou que son os  petróglifos, de que época son, que técnicas se utilizaban para gravar na rocha (percusión directa ou indirecta, e abrasión por rotación ou por incisión), por que se facían, cal pode ser o seu significado (aínda que nisto os arqueólogos non se poñen moito de acordo), cal é a súa localización, onde podemos atopalos na Ribeira Sacra, etc., e rematamos cunha mini-exposición na que Begoña nos ensinou un petróglifo sobre granito feito por ela, coas pedras de experimentación que usou para gravar a rocha.

 

Moitas grazas Begoña por vir ata o noso centro. Grazas a ti coñecemos e interesámonos un pouquiño máis polos petróglifos da nosa contorna.

II Concurso de Microrrelatos

Por segundo ano queremos facer no noso instituto un concurso que naceu durante o confinamento do marzo pasado,  co obxectivo de ser un nexo de unión entre a comunidade educativa do Cabe. O éxito da pasada edición nos anima  a esta segunda, coa esperanza dunha aínda maior participación.

Os mellores relatos sairán publicados o 23 de abril, Día do Libro .

 

 

                                                   Ánimo a todos e a participar!! 

 

   MICRORRELATOS  DO IES RÍO CABE 

      Bases: 

   1.- Poderán participar todas as persoas que queiran. Só se poderá presentar unha obra por participante. 

   2.- A temática é libre, pero os textos terán que incluír necesariamente a palabra  “Libro”

   3.- As obras terán unha extensión máxima de 100 palabras (sen contar o título). 

   4.- Poderanse presentar en calquera das seguintes linguas: galego, castelán, inglés e francés  

   5.- Enviaranse ao email do centro (ies.rio.cabe@edu.xunta.es), nun documento de word, adxunto. No word figurará un pseudónimo e no email aparecerá o pseudónimo e o nome orixinal. 

   6.- Serán excluídas aquelas obras que non sexan orixinais. 

   7.- O prazo de presentación das obras será ata o 15 de abril, 

   8.- O xurado estará composto por profesores dos distintos departamentos de linguas do IES Río Cabe. 

   9.- O fallo do xurado será inapelable.

   10.- Os premios serán os seguintes: 

                     1º Premio: un bono de 40 euros para gastar nunha libraría de Monforte. 

                2º Premio: un lote de libros. 

                3º Premio: un suadoiro do IES Río Cabe. 

   11.- O concurso poderá ser declarado deserto en función do número de obras e da calidade das mesmas. 

   12.- A presentación ao concurso supón a aceptación das súas bases.

 

Actividade de Coaching con cabalos

El Rincón de Finca el Carmen, na localidade monfortina de Fiolleda foi o destino elixido polo alumnado e profesorado do  Ciclo de Turismo para conmemorar o oito de marzo,  Día Internacional da Muller. 

O motivo desta elección ten relación coas verbas de James Lovelock: "La Tierra mantiene en sus entrañas un espíritu esencialmente femenino. Las mujeres, valientes, importantes, decisivas, se relacionan con la naturaleza en un principio vital y de lucha.”

Gozamos da natureza ao mesmo tempo que faciamos unha sesión de coaching con cabalos.

A terapia para detectar áreas de mellora no noso caso no grupo-clase consistiu en traballar a comunicacion, a confianza nun mesmo e nos demais, o autocoñecemento, a creatividade,... tratando de exercitar en todo momento o mindfulness.

Connan, África e Sara foron uns perfectos compañeiros de terapia con esa sensibilidadade especial que teñen os cabalos para sentir as emocións das persoas.

 En resumo, unha boa experiencia en contacto coa natureza que nos permitiu coñecer de primeira man outro interesante recurso do destino Ribeira Sacra.

 

    

Visita guiada por Monforte

 A última semana de febreiro o grupo de alumn@s do CS de Guías, información e asistencia turísticas saíu, acompañado da súa titora,  a percorrer a cidade para facer as súas primeiras prácticas de visitas guiadas polos principais recursos turísticos de Monforte de Lemos. 

 

 



Cousa de Muller - 8 de marzo

Mulleres e homes, alumnas e alumnos do Río Cabe,   unímonos  para celebrar o 8 de marzo, día que  quixeramos non ter que celebrar máis , porque significaría que o obxectivo de teren todos os mesmos dereitos e oportunidades estaría conseguido.

Bernardino Cerviño, profesor de arte do instituto, foi o encargado da realización do vídeo no que nenas e nenos reividindican o papel fundamental  das mulleres na sociedade ó longo da historia, o que é “Cousa de Mulleres”.  Unha delicia!! Desfrutádeo!!

  

 

 8 de marzo“Fronte ó mesmo obxectivo, nada nos detén. Mulleres detrás das vacinas”

 

Dende Bibliocabe , a mensaxe é esperanzadora e empoderadora: nada nos detén. Alejandro García, ex-alumno do centro e colaborador asiduo, foi o deseñador do póster para a nosa celebración. Flor e Xurxo fixeron outro magnífico vídeo e unha  exposición fotográfica sobre o transcendental papel das  mulleres científicas que fixeron posible as actuais vacinas.

 

 .

 

Moitas grazas a alumn@s  e profesor@s polo seu traballo e implicación.

XII Fase Galega da Olimpíada de Xeoloxía

O pasado mércores 26 de febreiro celebrouse a XII Fase Galega da Olimpíada de Xeoloxía, actividade convocada pola AEPECTGALICIA (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), na que participaron, por segundo ano consecutivo, catro alumn@s de 1º Bacharelato do noso centro, o  IES Río Cabe, por iniciativa da súa profesora da asignatura, María Padrón.

Aínda que a Facultad de Ciencias del campus de Ourense foi a sede provincial do certame para os centros de Ourense, Pontevedra, e do noso por proximidade a Ourense,  neste ano de pandemia, de múltiples limitacións para calquera evento, de distanciamento social, de xeles hidroalcólicos e de ventilación, a competición tivo lugar de xeito non presencial, nos respectivos centros educativo.

As probas realizaronse entre as 10 e as 13:30 h,  e consistiron nunha primeira proba práctica por  equipos, e despois dun pequeno receso, unha segunda proba individual con 40 preguntas tipo test.

As 20:30 da noite do mesmo día, a vicerreitora do Campus de Ourense, María Esther de Blas Varela, anunciou os resultados da mesma.

Os nosos estudantes, Saúl Fajardo Iglesias, Antía Pérez Filgueriras, Alba Rodríguez Souto e María Sáez Gomez  triunfaron tanto na proba colectiva coma na individual, e será María Sáez Gómez, a gañadora da proba individual, a que representará a Provincia de Ourense na final do torneo nacional que terá lugar o 17 de abril 2021.

Parabéns ós rapaces e á súa profesora e moita sorte na seguinte fase!!!

Entroido no Río Cabe

As alumnas e alumnos do Río Cabe, xunto cos seus profesores, non quixeron deixar de celebrar unhas datas que básicamente son alegres e divertidas. A situación na que nos atopamos non permite reunións como nos anos anteriores, por iso , cada grupo decidiu facer unha coreografía e participar nun concurso que este ano se fará de xeito  virtual.

 Aquí vos mostramos os seus vídeos. Grazas a todos pola vosa participación, entusiasmo e sentido do humor.

 

 

   

 

 

Amor en tempos de pandemia

Con motivo da celebración do día de San Valentín, e partindo da biblioteca do centro, quixemos instar ó alumnado a recuperar o costume de escribir cartas de amor, algo tan  perdido nun mundo de prisas, instantaneidade e tecnoloxía.

 Para elo, se elaborou un cartel e un maravilloso vídeo coas cartas de amor que distintas personaxes históricas escribiron ós seus namorados. En Bibliocabe podedes ver as reflexións dos alumnos e alumnas sobre “O amor nos tempos da Covid”.

 

 

A todos eles agradecemos a súa participación, e unha vez máis, a Flor e a Xurxo o seu precioso e inestimable traballo.

Distribuir contido